Buscar neste blog

Amosando publicacións coa etiqueta #poesía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta #poesía. Amosar todas as publicacións

mércores, 23 de setembro de 2026

Susana S. Arins recomenda... Medea de Chantal Maillard

 



  Levada por Begonha Caamanho e o meu gosto polas mitologias e as suas apropriações feministas, cheguei a este Medea de Chantal Maillard, que recolhe a que para mim é uma das personagens mais difíceis de revisar. 
    No poemário, a faladora, a embaucadora, a poeta, pretende ceder a voz, sem julgamentos, à Medeia e esta aproveita a oportunidade para nos falar ás leituras sobre culpas, responsabilidades, moralidades, bem e mal. 
Brutal!


sábado, 11 de abril de 2026

María Reimóndez recomenda... Eu son de aquí e de alá de Tamara Andrés


    Este é un libro sobre a difícil recuperación da memoria de moitas mulleres artistas e de moitas mulleres anónimas. Perdidas nos silencios, nas cartas e nas lembranzas, as súas biografías son un interrogante, igual ca este libro. Non apto para quen agarde un enfoque convencional a esta temática, abre portas para que pensemos nas que se pecharon a outras.


xoves, 17 de abril de 2025

Eli Ríos estivo lendo o fanzine Nativ@s

Nativ@s é un fanzine que recolle a produción dunha serie de artistas, de diferentes ámbitos, que crean un obxecto artístico fascinante.


Abre o volume Patricia Fernández(@lapintiparada), desde o Barco de Valdeorras, que procura recoller a esencia que se esconde detrás de cada trazo nos retratos. Para conseguilo, usa diferentes técnicas como o deseño dixital, o óleo ou o bolígrafo, como neste caso:




A seguir, Vanessa Blanco, desde a Limia, ( @compostellae_ _vanebg) transpórtanos coas fotografías ata un mundo de imaxes hipnóticas en que os significados se conxelan e deteñen o tempo. 






Ana de Vilatuxe, desde o Deza (@anadevilatuxe) recuperadora de 

palabras en vías de extinción, fabricadora de boinas e artista téxtil, 

toma o relevo e achéganos unha serie de creacións eclécticas en que 

cada técnica ten un valor destacado.








A continuación, desde a Terra Chá, Eva Teixeiro 


exerce de tecelá das palabras e fíaas coas imaxes 


do cotián para crear unha outra nova realidade.


A continuación, a compostelá Uxía Rodríguez(@pagan.lovesong) mestura historia, estilismo e música nunha colección retro, alternativa e contracultural baseada na reutilización dos materiais.

Por último, pecha este fanzine Laura, co proxecto Oisanat desde Euskadi, e incorpora o éuscaro a esta banda deseñada



É esta unha oportunidade única para achegarnos ás creacións das mulleres nun volume moi coidado, a toda cor e que non nos vai deixar indiferentes.


luns, 20 de xaneiro de 2025

ReferentAs, gobernantAs e outras xefAs



    A importancia dunha xinealoxía de noso, duns referentes propios.
Quen son as túas referentas?










                                        Algunhas das nosas podes encontralas a continuación...




xoves, 9 de maio de 2019

La mancadura sigue ehí por Eli Ríos




Sometíu a la tortura de los años,
el mio cuerpo ―
                                                          enemigu―señálame.
Como perros famientos, los mios deos
escarben, furiosos, na grieta.

Y la mancadura sigue ehí1

Neste poemario de Berta Piñán, La mancadura (ed. bilingüe asturianu-español), a ferida é o punto de partida desde o que construír o mundo. Unha ferida que permanece no corpo e se converte no espazo de diálogo entre o todo e o individual, entre o de dentro e o de fóra. A conciencia- consciencia da súa existencia abre o diálogo para situala no universo porque somos en relación ás outras persoas que nos rodean. A alteridade, o relato propio e o adquirido mostran a continuidade ao longo dos versos para ir ampliando os lugares desde o íntimo da casa e o corpo ata un proceso de transformación colectivo.
Que la tía guardaba xente
nos desvanes
parez ser de los dos bandos
que total la miseria y el mieu
nun tienen patria deía ella2

Regresar á infancia porque " D'esmenu, el pasáu/asáltate como un lladrón/de tumbes"3 obrigándoche a repensarte nesa lingua na que non recoñeces os aires de familia e che pregunta " ¿ A que vienes, a ver,/ si nin siquier falamos yá/la mesma llingua (...)?"4 A palabra e a poesía como ferramenta necesaria para (re)coñecer un pasado evocado e (re)configuralo sen falsos lirismos.

Mio güelu apertaba'l llagar, namás
que lo xusto,-yos decía.
Y el xusme aquello gotiaba
peles tables como un petroliu
frío, dulce, denso.
Yera un mundo d'homes namás,
un mundo cortáu
a la medida d'ellos.
Tola violencia taba ellí agazapada.
Tola violencia, como una foína,
resitíase a amuesar entós
les sos pezuñes.5

A memoria poética do cotián, da lingua, do rural asturiano, da cultura propia, dos costumes que sobreviven ao olvido e alumean o camiño da resistencia no terreno dos afectos.
Llenaré les copes col vino aspro
de los díes
y dexaré prendíes les lluces de la casa
como se prenden nes nueches
de difuntos
Llámame y recorre con tientu
los pasiellos. Nun faigas ruiu,
nun espantes del too les pantasmes
de la soledá, amantes
d'una nueche
que tamién viven comigo.
Aunque seya mui tarde,
namás llámame.

Como si nunca enantes
me faltaras.6

Versos sinxelos que agochan a complexidade do cotián, o equilibrio entre a aceptación ou a renuncia e esa mancadura que continúa alimentándose de exilios, dos olores das laranxas na Guerra Civil ou dos novos modelos de convivencia. A consciencia da ferida nos silencios herdados.
Deprendióme los secretos del arte
culinariu:
cómo bater la clara pa qu'esponxe,
qué facer pa que nun pique nos güeyos
la cebolla,
el sal y el formientu n'armonía
entemecío, los caciellos de zúcare
por persona y el puntu exactu
del aceite.
Esa foi la so herencia:
pesos, medides, proporciones,
tiempos de coción, trucos y
recetes de cocina.
Nun falamos muncho más
ella y yo toos esos años
nos que tuviemos xuntes.
Si esperaba otra cosa,
nada hubo. Nenguna señal
d'aprobación o siquiera
de reproche.
La nuestra fue, como munches,
una historia de silencios.
Toles palabres nun diches
quedaren ellí, referviendo
a fueu lentu.7

O coñecemento necesario dos silencios para aprehender a metafísica do diario que nos xungue nun continuum no que asentan as identidades. Romper cos silencios. Desde o hoxe mirar atrás e re-escribir a memoria, escribir os mitos propios. A conciencia que sementa a transformación coa recuperación das súas voces. No poema Xenealoxía, e nos agradecementos, a poeta ponlles nome: "Nos últimos años lleí con verdadera atención la poesía norteamericana y canadiense contemporania y, non por casualidá, la poesía fecha por muyeres: Margaret Randall, Adrienne Rich, Tess Gallagher, Linda Pastan, Margaret Atwood y Anne Sexton, entre otres. D'elles deprendí que la biografía más común pue convertise en materia poética"8
A materia poética transformadora. A palabra que nos guía ata un espazo no que crear o noso propio discurso. O futuro.
Nadie nos prepara
pa la felicidá o pal dolor
xeneraciones perdíes n'espirales
Como gües llabrando siempre
el mesmu sucu
nun fuimos quien pa construyir
los nuestros propios mitos
E sin embargu esta nueche
yo siento qu'en dalgún llugar
del futuru toos ellos tan ellí
Y esperen por min9


Piñán, B., La mancadura. El daño., Ediciones Trea, 2010.



1Sometido a la tortura de los año,/mi cuerpo/―enemigo―me señala./Como perros hambriento, mis dedos/escarba, furioso, en la grite./ Y el daño sigue ahí.// (páx. 58-59)

2Que la tía escondía gente/en los desvanes/parece ser de los dos bandos/que total la miseria y el miedo/no tienen patria decía ella(páx. 104-105)

3De pronto, el pasado te/asalta como un ladrón de tumbas. (páx 84-85)

4¿ A que vienes, a ver/si ni siquiera hablamos ya/la misma lengua (...)?(páx. 38-39)

5Mi abuelo apretaba el lagar, solo/lo justo, les decía/Y aquel zumo goteaba/entre las tablas como un petróleo/frío, dulce, denso./Era un mundo solamente de hombres,/un mundo cortado/ a su medida./ Toda la violencia estaba allí agazapada./ Toda la violencia, como una alimaña,/ se resitía a mostrar entonces/sus pezuñas.// (páx. 34-35)

6Llenaré las copas con el vino áspero/de los días/ y dejaré encendidas las luces de la casa/como se encienden en las noches/de difuntos./Llámame y recorre a tientas/los pasillos. No hagas ruído,/no espantes del todo los fantasmas/de la soledad, amantes/de una noche/ que también viven conmigo./ Aunque sea muy tarde,/sólo llámame./ Como si nunca antes/ me hubieras faltado.// (páx. 46-49)

7Me enseñó los secretos del arte/culinario:/cómo batir la clara para que suba,/qué hacer para que no pique en los ojos/la cebolla,/la sal y la levadura en armonía/combinadas, las tazas de azúcar/por persona y el punto exacto/del aceite./ Esa fue su herencia:/pesos, medidas, proporciones,/tiempos de cocción, trucos y/recetas de cocina./ No hablamos mucho más/ella y yo todos esos años/en los que estuvimos juntas./ Si esperaba otra cosa,/nada hubo. Ninguna señal/de aprobación o ni tan siquiera/de reproche./ La nuestra fue, como muchas,/una historia de silencios./Todas las palabras no dichas/se quedaron allí, hirvieno/a fuego lento.// (páx. 36-37)

8En los últimos años he leído con verdadera atención la poesía norteamericana y canadiense contemporáneo y, no por casualidad, la poesí hecha por mujeres: Margaret Randall, Adrienne Rich, Tess Gallagher, Linda Pastan, Margaret Atwood y Anne Sexton, entre otras. De ellas aprendí que la biografía más común puede convertirse en materia poética (páx 108-109)

9Nadie nos prepara/para la felicidad o para el dolor/generaciones perdidas en espirales/como bueyes labrando siempre/el mismo surco/no fuimos capaces de fabricar/nuestros propios mitos/ Y sin embargo esta noche/yo sueño que en algún lugar/del futuro todos ellos están allí/ Y me esperan// (páx. 106-107)

domingo, 17 de maio de 2015

Da semente, das espigas. A María do Carmo Kruckenberg

Foto: AELG

Toda semente debe caer primeiro na terra para se facer espiga. Nun ciclo interminable, dunha nace a outra e doutra a unha. Como palabras que se dan a man coa terra e abren os seus dedos cara ao aire. As sementes e as espigas enchen o ceo de paxaros que arrechouchían nas mañás de primavera, coma esta na que nos deixou María do Carmo Kruckenberg. Porque tamén en Vigo, no centro da cidade, nacen sementes e nacen espigas. Aquelas que, coma ela, dedicaron a vida a construír un corpo de palabras, unha aventura irrepetible compartida con todas as que a lemos e a coñecemos. Fronte ás dificultades dun tempo inhóspito, María do Carmo Kruckenberg escolleu a liberdade da semente que voa por conta propia, que se acolle aos ventos que mellor a abanean, que percorre o aire alén dos mares, que xunta o seu corpo a outros corpos, as súas palabras a outras palabras.

Na súa inmensa obra poética ­e non só­ María do Carmo Kruckenberg percorreu os camiños da natureza, do silencio, da melancolía e tamén da celebración. Na testemuña da súa vida que entregou cómplice e xenerosa, dona de seu, grazas ao traballo de Mercedes Queixas, percorreu as portas abertas e pechadas dunha historia que se resistiu ás marcaxes e ás definicións, rebelde e consciente do seu lugar no mundo.

Toda semente debe caer primeiro na terra para se facer espiga. Hoxe despedimos a María do Carmo Kruckenberg mais sen dúbida o seu corpo de palabras non nos deixa. Ese que ten a forza suficiente para facer que na súa cidade comecen a agromar xa as espigas que crecerán co tempo e se encherán de paxaros cantores e libres, coma ela.

martes, 11 de febreiro de 2014

Escritas queimadas em silêncio

scar projet, de David Jay

Por Susana Sánchez Aríns

As agulhas que tecem, as peles cicatrizadas, as paredes caladas aguardando unhas que as rabunhem e escrevam, as agulhas espinheiras, o frio glacial, os velenos inoculados como genêtica, as feridas abertas, a louça que escacha, o azul das florinhas do linho nas mãos da sinha maria, os fios invisíveis, as carabunhas das fruitas, a poética do zercido, os versos que estouram em vulcões e reconstruem um mundo fendido na raíz.

Todos os anteriores são motivos que reconhecemos na obra de poetas à Sega traídas ou por traer, em personagens fictícias dignas de ser resenhadas. Motivos que não dão mostra de reiteração, de monotonia ou de simples remedo, mas que transparentam uma reinterpretação e, sobretodo, uma comunicação de estirpe. Quantas mais poetAs lemos, mas fácil é perceber na sua escrita os rastos duma tradição subversiva. Porque estamos cosidas polas beiras do corpo umas a outras.

E todos aqueles primeiros são motivos presentes em Raíz da Fenda, um poemário de Berta Dávila que ganha matizes e riqueza de o lermos acompanhadas dos poemários doutras autoras, um em especial, o Catálogo dos Velenos, de Marilar Alexandre.

Obra estruturada em cinco partes, cada uma delas recorre uma experiência de feridas que supuram e marcam, mas necessárias para a protagonista construir-se ou, quando menos, conseguir malabitar-se. Uma palavra simples, derruba.

Perante a necessidade de diferenciar-se da estirpe, daquela que pretendem que sejamos, boneca de porcelana, deixar escachar a louça e diluir as fronteiras do corpo. Perante os nomes legados dos que desgostamos, riscar a pele e desescrever a sua superfície, caligrafar-se novamente em tatuagens próprias, assimétricas. Perante o amor arqueológico ser outra vez animal vibrante. Perante à traição das escolhas, falar da morte das que amamos algum dia...

Um poemário como uma fendedura. Versos sob cujos pés se abre a terra e aparece o precipício. E com ele a vertigem. A quebra chegada como morte, como renúncia, como abandono. A fenda não é outra que a perda. A perda que trai.

E quem paira na raíz é a morte, quem faz da montanha, abismo; da quebra, silêncio; do golpe, culpa. E como sempre, desde o início dos tempos, é o verbo que nos salva da derruba, do acabamento, do esqueço, da soidade: é o único incêndio que demora o tempo, o misto que prende e difumina o azul do frio.

E nos versos encontra a eu lírica o compromiso: será a anja custódia, aprenderá as palavras que fagam sumir-se a dor, convertida em idioma.


Berta Dávila: Raíz da Fenda. Ed. Xerais, 2013 

mércores, 25 de setembro de 2013

Um big-bang vírico

Foto: Foshie

Por Susana Sánchez Aríns

Quando a gripe ataca, esse bechinho tão pequeno, aparece com ela a súbita consciência da matéria corporal. Atrapadas no nosso dia a dia de trabalhos, horas de carro, ansiedades vitais, lavadoras por tender, jantares e relaxing cups, concebemos o nosso ser como um tudo compacto. Um eu agigantado por uma sociedade louvadora do ego e o individualismo.

E chega a gripe e nos recorda que, ademais de sermos humanas, somos corpo. Carne, vísceras, fluídos. E ataca o bechinho e de súbito já não somos rosto mas mandíbula dorente, saliva espinhenta em amídalas inchadas, nariz pinguento, músculo orbicular a comprimir as meninhas até a dor, occipital em pleno choque tectónico contra o parietal. Viramos corpo deconstruído em cada uma das suas centas partes que também somos nós, mas nunca lembramos.

O facto de sentirmos cada parte em por si, impede, quando a gripe nos entra, que tenhamos aplicados os sentidos ao exterior. Concentradas na nossa própria matéria, toda a matéria que nos é estrangeira perde centralidade e desaparece do nosso horizonte de atenções. E de comprensão. Abismadas nos nossos sons internos, perdem significado os barulhos de fora. Lá vão os trabalhos, as horas de carro, as ansiedades vitais, as lavadoras por tender, os jantares e as relaxing cups.

E desaparece a gripe e experimentamos o alívio de voltar a sermos um tudo e a felicidade de sentir novamente a armonia entre as centas partes do nosso tudo visceral. E vemos com outras meninhas, menos comprimidas, o mundo que nos envolve. Com uma dor menor.

Como uma gripe é o novo poemário de Chus Pato.

Um bechinho pequeneiro que lemos como rebentação no meio dos olhos, como pedrada em toda a fronte, golpe seco que nos fai tomar consciência daquilo que esquecemos no dia a dia.
Lim Carne de Leviatán como sendo convidada a um big-bang vírico que devolve à matéria o protagonismo do início dos tempos e a possibilidade de participar duma nova gênese.

Primeiro foi o verbo, diz, seique, o livro dos livros. E não é certo. Primeiro foi o fonema, diz-nos Chus Pato, o golpe de voz que desenha mundos, sejam jardins, sejam desertos. A língua como poço de barrena gutural que cospe água a pressão desde as capas freáticas do pensamento. O som como um ovo cósmico de incalculável quantidade de energia que forma, ao avançar do tempo, palavras, pensamento, poesia. O mundo.

Reivindica Chus Pato o poder criador da palavra. O nome que cai na Terra como humus do que nasce a vida: Cando desaparezan todas as flores do mundo / (Hecatombe / Dioivo) / entón as palabras agromarán / como margaridas. / Digo unha flor

Lim Carne de Leviatán como quem recorre a cronologia da evolução da vida na Terra. Puidem observar, acompanhada da poeta, o passo do berro à língua como o do procarionte à borboleta, da améndoa ao gromo à árvore ao fruito.

Mas não é o caminho evolutivo uma linha recta do aqui ao horizonte do passado ao agora. Não. Porque observar não é perceber. Não é comprender. Porque o big bang inicial provoca um caos de pensamento e linguagem, uma nebulosa filosófica nas nossas mentes. E isto acompanha-o a Chus Pato com a deconstrução, nas suas centas partes, da língua poética: Non existen o que se di non existe non ten existencia. Non existen, as palabras. Mas precisamos perceber? Como com a gripe, o necessário é a expansão do cérebro no baleiro. A súbita percepção da matéria.

E quando acabamos a leitura, aliviadas, vemos com outras meninhas, menos comprimidas, o mundo que nos envolve. Com uma dor menor.

Chus Pato: Carne de Leviatán. Editorial Galaxia. Vigo 2013.

martes, 21 de maio de 2013

O veleno da tinta por Susana S. Arins

Vagner Carvalheiro


Por Susana Sánchez Aríns

Somos herdeiras à força. Herdeiras da educação que as nossas mães, avós, antergas forom aprendidas a transmitir-nos.

E como herdeiras forçadas, quantas nos rebelamos contra esse legado, e renunciamos a ele, e renegamos das doantes e cuspimos nas mãos que nos entregavam o dote. E renunciamos ao nosso papel de belas adormecidas botando em face às mães ter-nos oferecido em herdo uma condeia.

A mãe, obrigada a ser outra que não queria ser, de asas decepadas após ter aprendido (e desejado) voar, após ter passado do sonho ao pesadelo, o único que deseja é evitar à filha a própria derrota, e para isso aprende-a a dormir em diazepám, na incosciência. Mãe que educa contra si própria para evitar à filha a mesma perda. Quantas vezes não consegue!
Todas as maçás levam dentro o verme da rebeldia. E a mãe, por evitar a Lilith a fama de Eva, enxerta inseticida na maçá, desabendo que a filha travará a fruta igualmente. E não, não podem as mães evitar o desastre. Só é possível essa escolha: ou verme ou veleno, ou a podrémia da vida enclaustrada ou a morte en revolta.
Um dos mais perigosos velenos que a mãe inocula na filha é o da tinta. Essa tinta que mata os castanheiros e que tão perniciosa resulta em mão de mulher. Por que me aprendes a ler se não é possível em mim a escrita, se o esmalte das unhas apaga a minha voz? A caligrafía dos poemas como rabunhadas de insurgência, a seiva da árvore como tinta sanguinosa.

A escova de cabelo envenenada, a maçá enfeitiçada, o cuitelo que emudece corações, uma ampla listagem de ervas prontas a ser usadas e o esmalte nas unhas são a herança que recebe a protagonista de Catálogo de Velenos, todas elas formas diferentes de fazer casar a mulher com aquilo que dela é aguardado. Com estes elementos joga a poeta para fazer uma releitura do conto popular da Branca-de-Neve, pondo em questão, de maneira poderosa, a figura da mãe.
Porém, o mito que, para mim, mais lhe acai a estes poemas não é outro que o de Frankenstein, onde a mãe cresce uma criatura que pretende perfeita mas que acaba por rebelar-se, usando como armas as ferramentas que lhe forom outorgadas para a obediência. Assim, a escova, a maçá, o cuitelo, as ervas ou as unhas, podem passar a ser os elementos que libertem a mulher das suas escravidões. Porque, já sabemos, a diferência entre mencinha e veleno só está na dose. E isso atira a filha à cara da mãe durante tempos e tempos: por que dime moldeaches / o meu corpo esta gaiola / se habías guindar-me no cuarto escuro?

Para só nos dias finais, ao usar a acetona e despintar o esmalte dos dedos maternos, descobrir-lhe os mesmos restos de terra colados às unhas, ocultos por anos de submiso disfarce. E caemos na conta de que também elas, mães, avós, antergas, eram herdeiras à sua vez das que antes foram, que elas também foram filhas envelenadas por mãos mutiladas, por mães decepadas. Porque o protagonismo inocente da Branca-de-Neve impediu-nos olhar duma maneira que não fosse despiedada a madrasta-mãe.

Eis que a criatura à fim conhece à criadora, quando é tarde e as duas morrem nas gélidas e árticas planícies.

Marilar Aleixandre: Catálogo de velenos. Fundación Caixa Galicia 1999.