Buscar neste blog

Amosando publicacións coa etiqueta Montse Paz. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Montse Paz. Amosar todas as publicacións

venres, 3 de xullo de 2026

Montse Paz recomenda... La soledad de Sonia y Sunny de Kiran Desai

Kiran Desai válese de Sonia e Sunny para achegarnos a vida de dúas persoas que viaxan a Estados Unidos a estudar dende a India. Ambas proceden de familias moi occidentalizadas e as expectativas son moi altas. Porén, Sonia vaise sentir soa.

A través delas coñecemos as familias, os costumes, a alimentación, as relixións, as lecturas, a música, as traballadoras das casas...

Veremos como enfrontan a morte, a vergonza, os traumas, os malos tratos o acoso sexual, a independencia, as pantasmas e, sobre todo como as mulleres van gañando consciencia da súa situación e como tentan superala.

Por outra banda, están os homes controlados polas súas nais, sempre dependendo delas e sempre tentando fuxir, e o que dirán. Isto vai facer que as relacións que tenten establecer coas súas iguais sexan un fracaso.

Este libro fainos comprender as dificultades da migración aínda que sexa voluntaria, esa sensación de non pertencer a ningún dos dous mundos, a necesidade de ter que lembrar de novo a que é a súa cultura orixinal. É unha obra moi ambiciosa e hai moitas maneiras de achegarse a ela. Hai quen dirá que é unha historia de amor, ou de desamor?

Kiran Desai,  Loneliness of Sonia and Sunny / La soledad de Sonia y Sunny, Ed. Hamish Hamilton (Penguin) 2025/ Salamandra (Penguin)2026

luns, 3 de febreiro de 2025

Montse Paz estivo lendo...


Acabo de ler a novela  Y del cielo cayeron tres manzanas da escritora de orixe armenia Nariné Abgarián.

É a historia dunha aldea, Maran, perdida na montaña armenia e a vida das súas xentes: a fame, as guerras, as mortes. As persoas que quedan vanse facendo maiores e xa non teñen esperanzas. Anatolia a muller a quen acompañamos durante toda a novela deitase a morrer e a  partir deste punto coñecemos a súa vida de maltrato, de solidariedade e de amor.
Libro sorpendente en que nos achegamos ás tradicións, costumes, alimentación e, en definitiva, á vida das persoas que habitan Maran.

xoves, 5 de outubro de 2023

Montse Paz está lendo... La hija única de Guadalupe Nettel.



 

É o primeiro libro que leo desta autora mexicana. La hija única desenvólvese en México D.F. e fala da maternidade e da non maternidade. A decisión consciente de non querer ser nai, a posibilidade de cambiar de opinión ou de reafirmarse no feito de non selo. 

As consecuencias da maternidade e a axuda que algunhas mulleres ofrecen e outras aceptan cando a maternidade non é tan doada como parece.

Cinco mulleres que se atopan e se separan para volver atoparse. 

Moi recomendable e moi lonxe dos tópicos.