Buscar neste blog

Amosando publicacións coa etiqueta #autorasgalegas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta #autorasgalegas. Amosar todas as publicacións

martes, 9 de xuño de 2026

Eli Ríos estivo lendo... Coralia e Maruxa de Cari Ca


A historia e a vida das irmás Fandiño Ricart non é bonita de contar e non hai romanticismo ningún na dor que os seus corpos marcaron entre cicatrices, pero si hai dignidade, respecto e, sobre todo, elas son referentes para as mulleres libres.


Coralia e Maruxa danlle cor a unha época murcha e triste e subverten o poder represivo en nome do querer. 

Estas cores vivan percorren este album ilustrado e manteñen o espírito das irmás Fandiño a quen a ditadura non as convenceu para deixar de procurar un mundo en que governen a paz e a xustiza.


Os textos breves e dinámicos e as ilustracións cheas de simbolismo van desabar nunhas últimas páxinas que completan, de maneira máis narrativa, as historia das protagonistas así como a do seu contexto máis próximo.

venres, 29 de maio de 2026

Eli Ríos recomenda... Begoñísima de Andrea Nunes e Agustina Shuan


 Esta achega a historia de Begoña Caamaño non é unha biografía inzada de datos, non... É un texto cheo de moito querer e amizade e de vida. Nel abrollan como raíces rexas os elos das amigas, das mestras, das que acompañan. Así, sabemos, entre outras, de María Xosé Queizán, de Ana Romaní, Uxía Senlle e, tamén, dos colectivos e asociacións que erguen a voz contra as violencias.
As ilustracións de Agustina Shuan acompañan marabillosamente o texto de A. Nunes e as cores enchen de luminosidade cada páxina e deixan un sorriso pousado en quen le. Así que recomendadísima esta obra para quen queira achegarse ás reflexións de B. Caamaño e ás súas obras na voz das amigas.

xoves, 21 de maio de 2026

María Reimóndez recomenda... La muerte ajena de Claudia Piñeiro


    Tres novelas nunha. Tres visións dunha "caída". Piñeiro percorre nesta novela temas tan fundamentais como a apropiación da voz, as fendas familiares e entra nun debate complexo sobre a prostitución. Sen portas pechadas e co seu estilo áxil que atrapa, Piñeiro é sempre un acerto.

 

martes, 5 de maio de 2026

XIII Día das Galegas nas Letras. Quen será a Nosa Señora das Letras 2026?



Serás quen de adivinar quen é a Nosa XIII Señora das Letras?

PISTA 1: por Beatriz Maceda



PISTA 2: por María Reimóndez



PISTA 3: por Eli Ríos



PISTA 4: por Susana S. Aríns




PISTA 5: por Andrea Barreira




PISTA 6: por Nuria Vil




PISTA 7: por Antía Marante






 

María Reimóndez estivo lendo... Cayo hueso de O. Amantegi e The Comeback de A. Zaidi



Admito que en xeral non adoitan interesarme as obras protagonizadas por voces masculinas e non entendo a necesidade de que as autoras incrementen a eterna nómina de relatos nos que as mulleres somos obxectos. Xa reproducir todos os estereotipos posibles de historias de amores treboentos contadas cunha suposta atmosfera engaiolante na que non pode faltar a cantante, o amante torturado, un vello mariñeiro para contarnos todo e unha ambientación, que casualidade, no sur dos Estados Unidos, me provoca desinterese, incomprensión e fastío. Tal cal todo iso é Cayo Hueso.


Por iso a lectura de The Comeback me resultou aínda máis refrescante e sorprendente en comparación. Aínda que o seu protagonista é un home a falar
en primeira persoa, a exploración dos temas e personaxes sae do agardado e redefine ideas asumidas da masculinidade. Na novela, o actor John K ten un papel de éxito no cine (falamos de Bollywood, por certo) e nunha entrevista fai un comentario que destrúe a reputación do seu mellor amigo Asghar, un humilde afecionado director teatral con quen empezou o camiño na súa aldea natal. A exploración dunha amizade profunda, do significado do teatro para a saída ás represións da masculinidade, o efecto catárquico do recoñecemento do dano, son algúns dos aspectos que máis me prestaron desta obra. Todas as personaxes femininas son tamén icónicas: fortes, complexas e importantes para a ollada narradora. Porque a través dela, noutro lugar, noutras voces e noutros contextos, podemos albiscar unha masculinidade que reflexiona sobre os efectos da falla de coidado e da soidade de non forxar nunca lazos con outros homes baseados neste. Zaidi, autora dunha ampla obra teatral, ofrece un texto narrativo áxil e rico que oxalá sexa o primeiro de moitos máis.















martes, 21 de abril de 2026

Eli Ríos estivo lendo... Las aventuras de la China Iron de Gabriela Cabezón Cámara

 





    Esta novela de Gabriela Cabezón Cámara, ten como protagonista a Josephine Star Iron, a China, quen comeza unha viaxe despois de que o seu home, Martin Fierro, fose apresado pola policía. 


Me pesó Fierro, antes de cumplir 14 ya le había dado dos hijos. Cuando se lo llevaron...1


    Nesta aventura coincide, nun primeiro momento, con Elizabeth( "gringa"), co can Estreya e co arrieiro Rosario. Este grupo, entón, encamíñase, nunha carreta, cara uns terreos na Pampa arxentina e pasan, incluso, por un fortín liderado por José Hernández (autor do poema de Martin Fierro). E, vai rematar esta viaxe, na terceira parte, coa chegada a "Tierra adentro", onde vive unha comunidade sen xerarquías, sen propiedades privadas, sen diferencias de xénero, etc


Nuestros indios ya no eran selk'nam, se habían mezclado con los tehuelches y con bastante winca, pero habían elegido racordar a los abuelos más australes que tenían. Nos dijeron que ellos eran el desierto y que nos abrazaban. Que nos venían mirando desde hacía tres días, que bebiéramos y comiéramos y danzáramos en su fiesta de verano.2


    Nesta utopía queer, a viaxe, a migración, vainos situar ao carón de todas as fronteiras posibles: sexuais, políticas, etc E é aquí o espazo en que o coidado, o querer e o non binarismo colle as rendas do relato para ofrecer un outro mundo posible en que dúas mulleres dirixen o seu propio destino para reescribir as violencias románticas e patriarcais que asentan as agresións nos corpos das mulleres. Así, non só defenden o que é de seu, senón que liberan aquelas persoas disidentes das súas prisións e constrúen un mundo en contacto cos ciclos da terra e, sobre todo, coa liberdade de amar.

1páx. 13

2páx. 152


mércores, 15 de abril de 2026

María Reimóndez recomenda... Guia de linguagem não binária de A. Lourenço, N. Barros e D. Amarelo




    Agradécense moito, chegada esta altura, iniciativas sobre a linguaxe inclusiva, non sexista ou, coma neste caso, non binaria, que superen un mero repertorio de "solucións". No meu caso tendo a argumentar que o importante destas iniciativas é incitar a unha reflexión máis profunda sobre lingua e construcións sociais e que, moitas veces, quen busca só solucións refuga das reflexións.
    Este libro é un contributo completo e analítico, necesario e estimulante que non só "prescribe", senón que formula bases e inclúe exemplos que demostran que a linguaxe non binaria está viva na nosa literatura e sociedade.

sábado, 11 de abril de 2026

María Reimóndez recomenda... Eu son de aquí e de alá de Tamara Andrés


    Este é un libro sobre a difícil recuperación da memoria de moitas mulleres artistas e de moitas mulleres anónimas. Perdidas nos silencios, nas cartas e nas lembranzas, as súas biografías son un interrogante, igual ca este libro. Non apto para quen agarde un enfoque convencional a esta temática, abre portas para que pensemos nas que se pecharon a outras.


martes, 24 de febreiro de 2026

Eli Ríos recomenda O transgredir das ondas de Paula Carballeira

O transgredir das ondas é unha obra de teatro inzadiña de curiosidades e quereres como para prender sen remedio desde a primeira aparición, perdón, quero dicir mención á autora á que se lle dedica o Día das Letras Galegas 2026.

Entón, "movémonos ao compás dos latexos, do sangue que circula" (p.19) para acompañar este podcast en que interveñen persoas que compartiron tempo con Begoña Caamaño e descubrir, de novo, cun sorriso nos beizos, a "Bego, para as amigas, a do sorriso eterno, a da voz na radio, a da escrita necesaria, a da roupa lila, a insubmisa, a desobediente, a transgresora"(p.74).

Nesta historia "aínda que moito do que se vai contar aconteceu no pasado, todo é presente para quen confiamos no poder das palabras"(p.19). E ese presente, quizais, está por escribir nos escenarios de moitos centros educativos e ata pode que algunha presenza misteriosa se achegue para brincar coas luces e co son!

Carballeira, P. O transgredir das ondas, Galaxia(2026)

venres, 19 de decembro de 2025


                            
                             Velaquí unha novela eficaz, ben escrita, reflexiva e amena que repasa a historia dunha familia 

que, como pouco, conta cunha "casa grande" (por moito que fose máis pequena ca a orixinal). A obra presenta 

unha continuidade de personaxes (ata a terceira xeración os nomes pasan de mais e pais a fillas e fillos) a través 

dos cales se percorre a fenda horrible da Guerra Civil e os tempos algo previos e, sobre todo, posteriores cunha

 ollada aguda e sempre ben centrada en canto ás desigualdades de xénero. Unha proposta perfecta para unha 

tarde de choiva que, sinceramente, non se entende como quedou de finalista e non de gañadora do último Premio

 Xerais por méritos compararivamente ben superiores á obra que finalmente se fixo co galardón. Algo moito máis 

misterioso ca o faiado dos Barcala.

martes, 16 de decembro de 2025

Eli Ríos recomenda Guía ilustrada do entroido galego


 Esta obra divulgativa fai un percorrido polos diferentes xeitos e maneiras de entender o entroido aquí nesta terriña. Só documentados hai 175!

A Guía ilustrada... achégase a unha boa mostra destas celebracións así como á gastronomía que as acompañan, á música, rebela diversas curiosidades, sinala orixes, etc 

    A referencia máis antiga á festa é un documento atopado 

    no mosteiro de Ramirás que xa facía mención ao «introido»

    no século XIII. (páx. 51)



Ademais, as ilustracións e a narrativa que fían a 

obra fan dela unha experiencia ben amena e 

entretida que nos permitirá coñecer un chisquiño 

mellor aquelas festas que "chámeslle como lle 

chames, o Entroido é cultura, é parte de nós, do 

noso espírito, da nosa tradición, do que somos. 

É sinónimo de troula, de diversión e, sobre todo, 

de ledicia compartida"1


1(páx. 7)

xoves, 11 de decembro de 2025

A nossa história fazemo-la nós por Susana S. Arins

Isso cantava Xenreira há bem de anos. A nossa estória contamo-la nós, acrescentaria eu. 


Era desses livros sempre colocados na pilha de pendentes, de quando tenha vagar, de como não há obriga, nem compromisso nem urgência podem aguardar. Vinha recomendado polas companheiras, mesmo foi protagonista de um dos nossos clubes de leitura, mas continuava aí, baixando a cada vez mais ao fundo da pilha sem eu botar mão dele. 

E agora que fechei a última página e dei cabo dele, cega às urgências, aos compromissos e às obrigas, o único que lamento é não ler antes. O passado também é imperfeito. 

Mas podo compensar apurando-vos a quem estades a ler estas linhas: lede, lede, lede. 

Em Futuro Imperfecto Xulia Alonso conta a sua estória. Diz que conta para a filha, diz que conta para ela mesma lembrar quando não lembre. Porém, oferece-nos um emburulho de papel como presente e a estória faz-se história e chega a todes nós. 

Futuro Imperfecto artelha-se como uma longa carta de despedida, a de Nico, parelha de Xulia. A ele se dirige e para deixa-lo ir revisa toda a sua vida juntes. Quer ser ela a narrar. Quer que sejam as suas palavras as que a filha tenha no futuro, não a de outres que não vão saber explicar. Sabe ela? A urgência marca também a escrita. A peste ronda a casa. Não a COVID, mas a peste das apestadas, das rejeitadas, das clandestinas. A SIDA. Nico falece e Xulia pode ser a seguinte. Deixar a estória para a filha, para a história. 

Fiz contas. Eu era uma meninha quando a Xulia chegou a Santiago para estudar. Estava a acabar a EGB quando ela e Nico se limparam da heroína, andava no licéu quando o VIH fez aparição nas suas vidas. Tenho no meu entorno pessoas que estiveram enganchadas à heroína. Lembro uma tarde n’A Farola, café, em que uma amiga, M., desabafou e contou a sua estória de drogodependência. Lembro o silêncio com a escuitamos. Ficou gravada em mim a conversa. Sabia que a sua era uma história semelhante a de algum integrante da minha família, e atendia à procura de algo, quê. Elembro bem a polémica que houve nesses anos na que fora a minha escola. O primeiro meninho doente de SIDA (sabido) foi escolarizado nela e teve que fazer grande labor pedagógico o pessoal médico que o atendia para convencer as famílias de levar as crianças à escola, pois muitas se negavam a partilhar espaço com um sidoso.

A heroína e a SIDA, sem fazer parte do meu quotidiano, sim faziam parte da paisagem que habitava. Mas todas as achegas artísticas que conhecim não se pareciam em nada aquilo que tinha perto. Trainspotting não era A Estrada, não era Vila Garcia. 

E leio Futuro Imperfecto e vejo o meu mundo, a minha paisagem. E vai narrando Xulia Alonso a sua estória e vou encontrando ligações com outras estórias que conheço, e leio o processo da doença, a clandestinidade na compra dos retrovirais na outra ponta de Vigo, não se vaia saber, e o esforço do Nico por não parecer sidoso e vêm-me à cabeça aquele dias duros na escola do Fojo para uma criança portadora do estigma. 

Futuro Imperfecto contava com todas as rifas para ser um livro mau: autora/narradora/protagonista, risco de truculências em yonkilândia, história de amor além da morte, doença fatal e despedida, o luito, o medo. Começamos a leitura com um primeiro texto em que a autora justifica o relato como uma oferenda à filha. Ui, cuidado! 

E não. Alonso navega por todas essas águas com a perícia de uma grande narradora e sem chegar nunca a naufragar, ainda que a ondagem bata forte na cuberta do barco. Coloca-nos em um tempo acoutado: desde o diagnóstico de toxoplasmose da parelha, Nico, com praço curto de vida, até o falecemento do mesmo. A autora vai alternando a narração da evolução da doença, da organização dos cuidados na casa, da evolução, também, na atenção médica a uma enfermidade absolutamente nova, com saltos ao passado nos que vai fazendo revisão da história dos dous, do Nico e da Xulia. Nesses saltos atrás sabemos da sua adolescência, da sua entrada nos consumos, da queda na heroína, do poço fundo, da saída e recuperação e do golpe final, a aparição da SIDA. 

Futuro Imperfecto é um romance de amor. O amor grande a Nico sim. Mas não só. O amor grande da família de Xulia, disposta a sacá-la do poço, fale quem fale e diga quem diga; o amor grande da rede de amizades que constroem e que es acompanham na doença; o amor de unhes médiques noves, dispostes a acompanhar com respeito e dignidade na doença clandestina. Xulia e Nico contam com algo que muitas doentes não obtiveram nunca: acompanhamento. E o livro é também uma longa carta de agradecimento a essas pessoas, sempre com nome, sempre a partilhar pequenos momentos de felicidade, sempre a respeitar os momentos de dor. 

Ainda assim, do que mais gostei de Futuro Imperfecto é o seu carácter político. Quando viaja às aldeias dos seus avôs e avós para nos narrar as suas estórias de vida, parece que nada tem que ver isso com a realidade do momento. Demora-se a autora nos antecedentes familiares, lá na Rua de Ourense, lá em Quiroga, com avôs presos por protegerem um filho fugido no monte e avós que perderam um e dous e três e quatro filhos. Faz-se necessária esta viagem para narrar uma yonki da década de 80? Pois! “Todos saiamos dunha “Casa de Bernarda Alba”, todos nos incorporabamos a non sei que loita sem moita conciencia do porqué, todos fuxiamos de algo ou alguén” (pág. 99), conta a autora. Liga estreitamente a educação e as estruturas familiares repressivas da ditadura com a atitude de uma mocidade recém chegada à liberdade se muita ideia de como usá-la. Narra uma relação conflituosa com o pai, mas tem a capacidade de perceber que o autoritarismo dele nasce do sofrimento familiar com a repressão franquista: “-Nunca sorría, nunca se lle vían os dentes” (pág. 136). A ser pai não se aprende. A ser filha tampouco. Eu eu levo esse contexto que Alonso tão bem desenha à minha família e percebo melhor. E liga a resistência da sua própria família à que ela necessita para sobreviver: “Viñeron a min imaxes dos meus devanceiros (.../…); o avó do meu pai, Xan María, que resistía os interrogatorios da Garda Civil sen soltar unha palabra sobre o paradoiro do seu neto, o Rebimba. Todos eles viñeron senque eu os convocase. Todos viñeron rescatados pola memoria, esa que miña nai me legou e que gardei celosamente sen saber canto me serviría. Todos viñeron como mostra de que a resistencia era posible, para darme un pulo desde a forza do sangue que me permitise recuperar o control sobre a miña respiración e, así, ser quen de emerxer de novo. // A memoria, o elemento fundamental para engarzar os elos que dan sentido à vida, que poder!” (págs. 221-222).

Futuro Imperfecto é um livro de poesia. A autora joga mui bem com as imagens e as descrições. Esmiuça os eventos em pormenores sensoriais de uma maneira magistral, e consegue colocar-nos no lugar em que precisa que estejamos. Deixa e recolhe imagens ao longo da narrativa estabelecendo as conexões menos aguardadas: o fluir da respiração no parto, as mudanças na respiração não agonia. 

Futuro Imperfecto é narrativa para ler, traz pessoas para lembrar e apresenta uma autora a respeitar. Muito gostaríamos de que continuasse a fazer (a nossa) História(s). 


Xulia Alonso: Futuro Imperfecto

Editorial Galaxia, 2010.




martes, 9 de decembro de 2025

Nos premios Follas Novas do Libro Galego, VOTA MULLERES e PERSOAS NON BINARIAS!


N'A Sega tentamos facer unha listaxe de toda a obra publicada por mulleres
e persoas non binarias entre o 1 de decembro de 2024 e o 30 de novembro de 2025, todas elas susceptíbeis de ser candidatas nos Premios Follas Novas do Libro Galego, que organizan a AELG, a AGE e a Federación galega de Librarías.

Se notades algunha ausencia ou algún erro na listaxe, avisade, que non é fácil de elaborar e podemos ir modificando e mellorando.

O obxectivo? Que nos procesos de selección de obras para estes premios teñades presentes todas estas autoras.


Colleita 2025. Obras publicadas por autoras.


1ª.- Ensaio e investigación.


  • Pilar Casal Valiño: Ser Humanos, Galaxia
  • Patricia Cupeiro López e Miriam Elena Cortés López (eds.): Pegadas no muro. Cultura Urbana e arte nas rúas, Alvarellos.
  • Aurora Marco: María Vázquez, a mestra socialista eliminada polo franquismo, Alvarellos
  • *Susana Reboredo Morillo (coord.): Contáronme un conto mal contado. Onde estaban as mulleres na historia?, Galaxia
  • Alba Rodríguez Saavedra: Ruth Matilda Anderson. Tradutora das imaxes. Laiovento.
  • Carmen V. Valiña: As tolas que non o eran: Mulleres no manicomio de Conxo 1885-1936, Galaxia
2ª.- Divulgación.


  • *Patricia Arias Chachero: As poetas das colección Salnés, Galaxia
  • María Lado: Canta, miña compañeira, canta, Xerais
  • Mercedes Peón, Ana Romaní, Selina Otero, Andrea Nunes, María Reimóndez, Susana Sanches Arins: Somos Pandeireteiras, Xerais
  • Raquel C. Pico: O mundo de Jane Austen, Sushi Books
3ª.- Narrativa


  • Marilar Aleixandre: As bocas cosidas, Galaxia
  • Amalia Blanco Pose: Cando marchan as luces, Galaxia
  • María Besteiros: Ítaca, Xerais
  • Abril Camino: Mulleres que viven xuntas, Xerais
  • Marta Estévez: As tres beiras, Aira
  • Elena Gallego Abad: Ata que a morte nos separe, Xerais
  • Alba Guzmán: A Vinganza de Paquiño Jackson, Xerais
  • Cynthia Menéndez: Son coma glaciares os barcos de aceiro, Galaxia
  • Raquel Miragaia: Corpus, Através
  • Eva Moreda: Hortensias, camelias, palmeiras, Aira
  • Nerea Pallares: Punto de Araña, Galaxia
  • Cristina Pato: Fóra de Foco, Galaxia
  • Teresa Pérez Tilve: Sete amigas en dous coches, Fervenza
  • María Quiroga: Perder o norte, Galaxia
  • Isabel Rei Samartim: Galizan Nation, Companha
  • Blanca Riestra: As aguas interiores, Xerais
  • Loli Rodríguez Rodríguez: Nailía, Galaxia
  • Olaia Sendón: A casa grande, Xerais
  • Marga Tojo: Sarela, Positivas
  • Carmen V. Valiña: Illa de Sangue, Galaxia
  • Charo Valcárcel: Nais, Baía
4ª.- Infantil.


  • Eva Mejuto: Queco e Kika, Xerais.
  • Claudia Castro: Seis leiras e un piano, Xerais.
  • Ledicia Costas: Curriño. Fama ou fuga, Xerais.
  • Celia Díaz Núñez: A avoa canta como a cotovía, Galaxia.
  • Érica Esmorís: Erin e o lobo, Xerais
  • Érica Esmorís: O peculiar, Cuarto de Inverno
  • Elena Gallego Abad: O libro de Borboligón, Xerais.
  • Iria Misa: A Excursión a Cans. Unha veciña de película, Xerais
  • Rosalía Morlán: O dragón Antón e o sapo Rosendo viaxan ata os faros, Fervenza
  • Anaír Rodriguez: Guía dos seres fantásticos que viven en Galicia sen que talvez o saibas, Xerais.
  • Ana Vigo: Mundo Oculto. O rescate do Unicornio, Xerais

5ª.– Xuvenil.


  • Marilar Aleixandre: Castelao segundo Rañolas, Galaxia
  • An Alfaya: Irracionais, Galaxia
  • Rosa Aneiros: Unha historia de amor como outra calquera, Galaxia
  • Alicia Borrás: A historia de Brava Panadeira, Xerais
  • Alba de Evan Freijedo: Queridas pantasmas, Xerais
  • Andrea Maceiras: O enigma de Sempreviva, Xerais
  • Andrea Maceiras: O corvo e a neve, Xerais
  • Cristina Otero Correa: Xanelas ao mundo, Belagua
  • Antía Yáñez: Be Water II, Cuarto de Inverno
6ª.- Libro ilustrado.


  • Irene Alonso Gasalla, Croco, Galaxia
  • Irene Alonso Gasalla / Ángela Curro, O nobelo de Nenuca, Cuarto de Inverno
  • María Besteiros / Bea Gregores: Penélope tece, Aira
  • Iria Bermúdez / Macarena G. Vicente: Un porquiño polo San martiño, Galaxia
  • Paula Carballeira / Iván R.: A mestra de Oza, Xerais.
  • Ledicia Costas, Rena Ortega: A tenda de xoguetes, Cumio
  • Eva Mejuto /Lucía Cobo: Sei cantar e sei bailar, Xerais.
  • Eva Mejuto / Nuria Díaz: Animalfabeto, Triqueta Verde
  • Paula Merlán / Laura Miranda: Pioliños, Antela
  • Blanca Millán: O grande libro das nosas vilas, Cumio
  • Lucía Mojón / Lucía Barrios: Biscoito de castañas, Xerais
  • Olaia Sendón: O pirata Bruno, Cuarto de Inverno
7ª.- Banda deseñada, gráfico, humor.


  • Elena Andrés: A Brigada Iridescente. O fantasma do vestiarío das rapazas, Galaxia
  • Sandra Lodi: Adelina, Galaxia
  • Paula Mayor: Rosalía Oculta, galaxia
  • Angie Roa: Noa e a cidade sen maxia, Xerais
  • Laura Suárez: A Raíña Cadáver, Aira
8ª.- Iniciativa bibliográfica.

  • *Ediçom da série Heartstoppers, de Alice Oseman, en traduçom de Nee Barros, Xerais.
  • *Colección Lectura Fácil, de Galaxia
  • *Ediçom de Syra Alonso, Diarios (1938-1945), de Alvarellos
9ª.- Obra traducida.


  • María Alonso Seisdedos: Tres mulleres, de Stefan Zweig, Galaxia
  • María Alonso Seisdedos: A casa do calello, de María Messina, Irmás Cartoné
  • María Alonso Seisdedos: Maria Zef, de Paola Drigo, Irmás Cartoné
  • María Alonso Seisdedos: A máis recóndita memoria dos homes, de Mohamed Mbougar Sarr, Aira
  • María Alonso Seisdedos: Mamá, de Glòria Vives, Embora
  • Eva Almazán: Contos ás oito, de Enid Blyton, Sushi Books
  • Eva Almazán: A abella Maia e as súas aventuras, de Waldemar Bonsels, Sushi Books
  • Clara Barcia: Hilda e Twig espertan o home da neve, de Luke Pearson, Sushi Books
  • Clara Barcia: Hilda e Twig resgárdanse da chuvia, de Luke Pearson, Sushi Books
  • Clara Barcia: Guerra en Gaza, de Joe Sacco, Rinoceronte
  • Clara Bouzada, Washington Square, de Henry James, Galaxia
  • Patricia Buxán Outeiro: Annette, unha epopea, de Anne Weber, Aira
  • Marta Dahlgren: A honrada estafadora, de Tove Jansson, Hugin e Munin
  • Beatriz Fariñas Garrote: A obra mestra ignota, de Honoré de Balzac, Irmás Cartoné
  • María Fe González Fernández: Os castelos de Athlin e Dunbayne, de Ann Radcliffe, Galaxia
  • Helena González Fernández: Vista Chinesa, de Tatiana Salem Levy, Xerais
  • Maite Jiménez Pérez: A noite das tartarugas, de Greta Olivo, Aira
  • Rosana Murias e María Tolstaia: Corazón de can, de Mikhaíl Bulgákov, Hugin e Munin
  • Iria Pedreira Sanjurjo: Medea. Heracles, de Eurípides, Rinoceronte
  • María Ramos Salgado, Cranford, de Elisabeth Gaskell, Galaxia
  • Celia Recarey Rendo: Pierre e Jean, de Guy de Maupassant, Irmás Cartoné
  • Celia Recarey Rendo: O vento, de Dorothy Scarborough, Irmás Cartoné
  • Celia Recarey Rendo: O cuarto de Giovanni, de James Baldwin, Irmás Cartoné
  • Isabel Soto: Indiana, de George Sand, Galaxia
  • Rocío Viéitez Ferro: Domingo e outras historias, de Irene Némirovsky. Laiovento
  • Estela Villar Nogueira: Da cor do leite, de Nell Leyshon, Rinoceronte
  • Estela Villar Nogueira: O Parnaso sobre rodas, de Christopher Morley, Rinoceronte
  • Estela Villar Nogueira: Pílulas azuis, de Frederik Peeters, Rinoceronte
  • Estela Villar Nogueira: Ghost World, de Daniel Clowes, Rinoceronte
10ª.- Poesía.


  • Luísa Abad: Sereas afónicas, Elvira
  • Mónica Caldeiro: Estudo sobre o voo dos corzos, Xerais
  • Yolanda Castaño: A falsa autónoma, Xerais
  • Alicia Fonteboa: Celaxe, Galaxia
  • Antía Marante: Vostede está aquí, Cuarto de Inverno
  • Sara Martínez Bello: Eira, Apiario
  • Andrea Nunes Brións: Mapa da Estría, Chan da Pólvora
  • Elisabeth Oliveira: As ninguén, Belagua
  • Pilar Pallarés: Contra humana parte, Espiral Maior
  • Silvia Penas: A pel do Exilio, Espiral Maior
  • Clara Pino: As trobadoras silenciadas, Elvira
  • Ana Romaní: Love me tender, Chan da Pólvora
  • Sofía Ruvira: Canícula, Laiovento
  • Helena Salgueiro: Amor palimpsesta, Espiral Maior
  • Susana Sanches Arins: arte menor, aCentral Folque
  • Lorena Souto: Exuvia e saliva, Chan da Pólvora
11ª.- Teatro.


  • Raquel Castro: Bonecas, Galaxia
  • Ana Fontenla / Celina Fernández: Fábrica de Fume, Elvira
  • Andrea Freire: Manchea, Baía