Buscar neste blog

Amosando publicacións coa etiqueta clube de lectura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta clube de lectura. Amosar todas as publicacións

mércores, 6 de xaneiro de 2021

Reto-club lector. Xaneiro. DrAmAturgAs

 


Comezamos o reto lector de 2021 adicando o mes de xaneiro ás autoras de teatro. Ti cal vas ler?

Recorda:

-Nós recomendamos unha lectura, por se non te decides por cal empezar, pero es libre para escoller a outra dramaturga.

-Podes enviarnos a assegadoras@gmail.com:

 a) un vídeo no que leas un fragmento da obra escollida.

 b) unha foto do libro cunha breve explicación contándonos por que o les ou que che gusta del.

 c) as dúas opcións anteriores.

Así encheremos as redes de dramaturgas. Apúntaste?

mércores, 16 de decembro de 2020

Reto-club lector de autorAs

 





Convidámosvos a participar no Reto Lector 2021 de Autoras, organizado por A Sega e a Libraría de Mulleres Lila de Lilith. Como facelo? É moi doado:

1. Cada mes, escolle a unha autora na categoría sinalada.
2. Grava un vídeo lendo un fragmento da obra.
3. Tamén podes tirar unha foto e contarnos por que escolliches ese libro e que salientas del.
4. Ou quizais prefiras facer as dúas cousas! Tamén podes.
5. Envíanolo a: assegadoras@gmail.com

Ademais, cada mes, desde A Sega recomendaremos un libro a xeito de club de lectura feminista que, se a situación sanitaria o permite, retomaremos.

Así encheremos as redes de lecturas recomendadas e visibilizaremos o traballo das autoras. Apuntádesvos?

sábado, 28 de decembro de 2019

Club de lectura feminista A Lila + A Sega. Xaneiro 2020



Comezamos o 2020 co libro Scòrpio, de Ricardo Carvalho Calero, homenaxeado no Día das Letras Galegas. A lectura crítica e con perspectiva de xénero será coordinada por Susana S. Aríns.

O club de lectura feminista A Lila+A Sega, será o 11 de xaneiro, ás 12 na Libraría de Mulleres Lila de Lilith. Non esquezades confirmar a vosa asistencia en: liladelilith@gmail.com

Agardámosvos!

venres, 6 de setembro de 2019

Club de lectura feminista A Lila+A Sega (outubro 2019)



Volve o club de lectura feminista A Lila + A Sega! Comezamos o curso con Diáspora de amor balea, de Andrea Nunes Brións e María Rosendo. O libro foi gañador do XII Premio de poesía erótica Illas Sisargas.

A sesión será coordinada pola escritora Eli Ríos e terá lugar o 5 de outubro, ás 12 na Libraría de Mulleres Lila de Lilith. Non esquezades confirmar a vosa asistencia en: liladelilith@gmail.com

Agardámosvos!

martes, 26 de marzo de 2019

Clube de lectura. Ana Pessoa


A autora, Ana Pessoa visitará o Salón do Libro de Pontevedra o sábado, 30 de marzo, ás 16:30. Unha boa oportunidade para coñecer de primeira man a súa obra.

Se queres saber máis do libro, Ser uma pessoa ao contrário é a recensión de Susana S. Aríns do libro.

martes, 27 de novembro de 2018

Club de lectura feminista A Lila + A Sega. Sesión de decembro



Este sábado temos unha nova sesión do club de lectura feminista. Nesta ocasión, o libro recomendado por Lara Rozados é Fóra do normal, de María Reimóndez, título que recibiu o premio Agustín Fernández Paz de Narrativa infantil e Xuvenil pola igualdade en 2017. Nel compartiremos as experiencias de André, un rapaz transexual, que descubrirá que a normalidade é algo que depende da ollada. 

Nesta sesión contaremos coa presenza de María Reimóndez.

Lembrarvos que as sesións do club serán o primeiro sábado de cada mes, no horario de sempre, 12:00 a 13:30, no espazo, xa habitual, da libraría Lila de Lilith. Vémonos o 1 de decembro.

A continuación, as lecturas destes meses:


Non esquezades confirmar asistencia escribindo ao correo liladelilith@gmail.com.

Agardámosvos!

martes, 2 de outubro de 2018

Club de lectura feminista A lila+A Sega. Sesión de novembro


Retomamos o club de lectura feminista cunha proposta de Verónica Martínez Delgado: Comezar desde cero, de Tania Merelas, un libro de empodaramento das mulleres no que, a través de distintas historias, poñemos rostro ás violencias machistas e marcamos o camiño para superalas.

Como novidade, este ano, as sesións do club serán o primeiro sábado de cada mes, no horario de sempre, 12:00 a 13:30, no espazo, xa habitual, da libraría Lila de Lilith. Comezamos o 3 de novembro.

Ademais iremos avanzando as sesións futuras para que poidades organizar as lecturas e descubrir que sorpresas haberá en cada club:



Lembrade que tedes que confirmar asistencia escribindo ao correo liladelilith@gmail.com.

Agardámosvos!