Buscar neste blog

Amosando publicacións coa etiqueta cancioneiro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta cancioneiro. Amosar todas as publicacións

xoves, 17 de xullo de 2025

Eli Ríos estivo lendo Por que non hei de cantar? Escolma do cancioneiro tradicional galego de Elviña e Ferrol

        Neste ano en que celebramos o inmenso labor de transmisión cultural e literaria das cantareiras,
tocadoras e pandereteiras, axunta no material de recolla a Escolma do cancioneiro tradicional galego de Elviña e Ferrol.

        Por que non hei de cantar? ten como obxectivo dar a coñecer unha parte do cancioneiro tradicional e “homenaxear as mulleres que, durante séculos, souberon crear, conservar e espallar ese relevante patrimonio cultural”


        Teño de prantar un pino

        enriba do teu tellado;

        cando o pino dea uvas

        estarei ó teu mandado (páx. 50)


    

        As composicións recollidas son auténticas xoias lingüísticas (esa perífrase de obriga ter de + infinitivo de Elviña, sem ir máis lonxe), de costumes, etc, pero tamén de lugares. Nesta liña acompaña o cancioneiro a recuperación da toponimia propia do campus universitario da Coruña no proxecto Campus Nomeado. 

    A memoria de quen somos e a nosa identidade está a ser fagocitada neste mundo contemporáneo e esta obra fainos repensar a importancia de nomearnos sen esquecer a quen estivo antes ca nós e o valor dos saberes que nos legaron a través das diferentes xeracións.