Buscar neste blog

Amosando publicacións coa etiqueta reservoir books. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta reservoir books. Amosar todas as publicacións

luns, 26 de xaneiro de 2026

María Reimóndez estivo lendo... A turista de Yun Ko-eun

 



Dende unha perspectiva de puro surrealismo, Yun Ko-eun narra as peripecias desta "turista" 

que manifesta a ollada depredadora do consumo da dor allea nas sociedades afluentes. Así, 

Yona, unha traballadora dunha estraña axencia de viaxes que envía turistas a zonas 

catastróficas, acaba nun dos destinos que ofrece a axencia para experimentar de primeira 

man as trampas e riscos desa ollada. Unha novela entretida, desconcertante pero que leva a 

unha interesante reflexión sobre un tema actual de relevancia, a depredación turística.