Remato esta novela cunha sensación de densidade innecesaria. Hai algo na forma (se cadra perderse nos detalles ou un algo de repetitivo) que resta a unha historia potente e suxestiva. No centro dela, unha nena que vai medrando nun contexto de violencia que é moito máis sutil do que pode semellar. Na pugna cun pai manipulador, o invisible toma centralidade e o apoio dunha cultura ancestral representada por señora Azucena abre portas insólitas a xeitos de resistir e facer fronte a situacións das que, non debemos esquecelo, as crianzas non teñen opción de escapar. Mais a protagonista atopa a súa vía nas pequenas vinganzas e na fortaleza mental de saberse ela tamén suxeito nunha oposición ao poder do pai que ten máis lecturas ca as evidentes. Unha primeira novela prometedora.
Buscar neste blog
martes, 16 de xuño de 2026
xoves, 4 de xuño de 2026
María Reimóndez recomenda... Analogical Warriors Imperialismos
Un novo monográfico de Pikara totalmente pertinente para entender o tempo presente. Dende unha análise do tecnofeudalismo ata unha breve historia colonial de Grenlandia, esta escolma recolle artigos imprescindibles para outro mundo posible.
luns, 7 de xullo de 2025
Eli Ríos estivo lendo Lo que quede de Irantzu Varela
Lo que quede é unha obra a camiño entre o ensaio, a autobiografía, o relato breve e/ou un proxecto de construción dun mundo mellor.
Irantzu Varela tece e destece toda unha serie de reflexións sobre o machismo, a violencia de xénero, a diversidade,…, que constrúen unha fotografía nítida da sociedade actual, pero non é Lo que quede unha exposición para observala sen movernos, non. A autora vainos deixar no aire unha serie de propostas para intervir, para camiñar cara un espazo en que nos sintamos mellor e, sobre todo, para vivir sabéndonos acompañadas. Non é un relato profético nin de solucións máxicas, senón unha experiencia compartida que nos achega a unha maneira de situarnos nas zonas seguras e nas do querer, nas de moito querer(nos)
.
martes, 4 de novembro de 2014
Homenaxe a Begoña Caamaño
![]() |
| Begoña Caamaño |



