Buscar neste blog

Amosando publicacións coa etiqueta Banana Yoshimoto. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Banana Yoshimoto. Amosar todas as publicacións

luns, 13 de maio de 2024

María Reimóndez está lendo... The premonition de Banana Yoshimoto


Xa van alá moitos anos dende que lin a primeira obra de Yoshimoto accesible para min nalgunha lingua europea. O seu estilo ten sempre algo de inapreixable que me suscita interese. Esta "premonición", traducida por Asa Yoneda, parte tamén do misterio dunha protagonista incapaz de lembrar os primeiros anos da súa vida. Aínda que o "misterio" resulta no fondo pouco misterioso e a trama ten algún xiro delirante por momentos, Yoshimoto segue conseguindo crear universos que sempre investigan a confusión das relacións humanas.