Buscar neste blog

Amosando publicacións coa etiqueta artigo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta artigo. Amosar todas as publicacións

xoves, 1 de agosto de 2024

Os homes que sabían máis de María Mariño ca ela mesma por María Reimóndez


    Podería afirmar con pouco medo a enganarme que todas as mulleres nalgún momento cruzamos camiños cun home que nos dixo que sabía máis de nós ca nos mesmas. Non é só que os homes en xeral e aqueles que se moven nos círculos culturais e literarios moito máis asuman que saben máis ca as mulleres, senón que é habitual que pensen que saben máis de temas que nos son propios ou incluso da nosa propia vida.

    Estes señores, porque o sociedade os pon en certos lugares dos que eles endexamais refugan, adoitan ter logo postos de poder para decidir sobre cousas tan importantes como a interpretación do noso traballo creativo, a súa difusión e valoración. O curioso é que adoitamos pensar que estes procesos comezan cando as autoras falecemos, mais temos tres casos sobranceiros onde vemos como para nada é así: Rosalía de Castro, María Mariño e Luísa Villalta. Neste ano en que dedicamos o Día das Galegas nas Letras a María Mariño e no que se lle dedicou o Día das Letras Galegas a Villalta (Mariño foi homenaxeada/aldraxada pola Academia en 2007) cómpre máis que nunca sacar á luz as violencias en vida que se multiplicaron tras a morte por parte do sistema patriarcal institucional. O ano das letras de María Mariño debería ser unha historia para non repetir endexamais (eu, persoalmente, foi un ano que botei cabreada, simplemente) e de aí a importancia deste DGL dedicado á súa figura.

    Para empezar, difundiuse de forma extensa e sen atender a testemuñas, datos nin estudos das propias mulleres, que Mariño era unha especie de poeta iletrada (a que nos soa isto xa? Non lles chegaba con de Castro?). Obviamente, era esta unha estratexia con propósito, o de reforzar o mito de Pigmalión (o home que sabe máis de ti ca ti mesma) encarnado neste caso por Uxío Novoneyra. Que curioso que, fronte á imaxe creada, todo o mundo lembre a Mariño lendo e escribindo. Que curioso que os seus versos recollan fórmulas que veñen tanto do popular como da cultura escrita, que beban directamente da fonte rosaliana nas súas versións máis profundas e rebeldes.

    Son varias autoras as que sacaron á luz o problema da “inventio” de Mariño, que se deu por sentada durante toda a celebración de 2007 e que volve renacer de a cada pouco: sen ir máis lonxe, nun libro de 2018, Alonso Montero afirma que de non ser por Novoneyra, Mariño morrería inédita (así, literalmente). Regresa unha e outra vez a Mariño como creada por Novoneyra, discípula e adoratriz (e, perdoando, coa lectura sempre subxacente de “amante”, algo realmente desagradable, improcedente e insultante). Iso foi o único que calquera sacaría en claro do ano 2007 tras a “celebración” oficial.

    Pouco se falou do moito que a propia Mariño se opuxo en vida a todo ese discurso, fronte a un Novoneyra instalado de xeito central no sistema literario à la Murguía. Mariño non quixo ser a súa discípula. Mariño non quixo escribir só en galego. E eu podo estar en desacordo con Mariño nesa decisión, pero nunca se me ocorrería inventar unha serie de falacias para desautorizala. Moito menos se me ocorrería, como si fan outros señores que nos coñecen mellor ca nós mesmas, diagnosticala de maníaco-depresiva lendo os seus versos. Estou agardando a que diagnostiquen de narcisistas a unha gran cantidade de autores en todas as linguas, por aí nunca lles deu, vaia polos cravos!

    Aquí novamente Mariño e de Castro comparten o afán morboso por interpretar a súa obra dende unha óptica invento/biográfica de cariz patoloxizante. A escrita para as mulleres nunca se ve máis alá dunha extensión da propia biografía, non se nos concede o beneficio da dúbida (e non terá a escrita algo de creativo, de invención -real, desta volta-, de mundos paralelos, de experimentación coas linguaxes? Non terá a autora algunha vontade á hora de escribir dun certo xeito e sobre certos temas? Non encaixará a súa escrita coas súas referentes que, oh sorpresa!, os homes que tanto saben de nós mesmas adoitan descoñecer...). É moi curioso que os homes que defenden este tipo de teorías logo son os mesmos que se alporizan coa lectura feminista das obras. María Mariño e Rosalía de Castro eran depresivas, segundo a lectura das súas obras en clave vital. Era Pondal un violador? Pregunto.

    Por desgraza, o paso dos anos, como ben amosa o libro sobre Mariño publicado en 2018, cando a súa obra nin sequera está reeditada, xa non digamos o corpus crítico desenvolvido polas compañeiras, non soluciona nada. Acabamos de ver como con Luísa Villalta a teima dos homes que saben máis de nós ca nós mesmas, persiste. Neste caso xa non é só o “engaiolante” da súa ollada ou o comentario innecesario sobre o seu físico que adoita aparecer (aínda teño pesadelos coa chupa de coiro de Xela Arias, agardo o próximo señor con impaciencia para coñecerlle o armario), senón a teima de metela na xeración dos oitenta. Ela mesma dixo sempre que non pertencía a ela. Xa que dicir ten o feito de que unha autora, muller, cidadá que militaba nun partido político nacionalista, que escribía nunha normativa non oficial, que publicou sempre en certas editoras moi concretas acabe nas mans do Ramón Piñeiro e con claros intentos de silenciar o seu activismo. Aquí os señores seguen sabendo máis de nosoutras ca nós mesmas.

    Por iso o rigor e a análise crítica, mesmo dende o desacordo, debemos buscala sempre noutros lugares. Porque os señores que saben máis de nós ca nós mesmas só teñen un interese: seguir no centro. Ao final, todo trata sempre deles. E nós queremos falar de nosoutras. Queremos deixar de sermos clasificadas polos criterios doutros nos que nunca encaixamos, por moito que nos corten o calcañar, coma o zapato da Cinsenta.

    Para poder falar de María Mariño cómpre que quitemos primeiro toda a broza que se deitou sobre ela. Para descubrir que? Tanto! En cada unha das colaboracións deste ano, abriremos as portas a lecturas onde o miolo do asunto é, única e exclusivamente, a obra de Mariño. Porque ninguén soubo máis da súa escrita ca ela mesma e, dende ese respecto, segamos.


venres, 13 de outubro de 2023

Tornarse existencia exuberante por Brigitte Vasallo




A lingua, a fala

Póñome a escribir nun galego que non é; que procura, que aspira, que desexa… mais que non é. Unha fala no camiño, en transición; una fala reverberada en min que, coma o nawpa andino, non entende de pasado e de futuro, sinon que mistura todo, e déixase misturar, nese presente que son eu agora que falo, que escribo, e que seras ti, és ti, agora que lés. Un ti mais un eu que polo anaco que dura este texto, esta fala, compón un nós. 

Esta fala miña sae revelada como se revelan as partes alimenticias das castañas. Nace dunha arbore que ten terra e ten ceo, que ten orixen e ten devenir; nace recoberta de espiñas mais vai atopando o camiño cara o doce, cara o tenro. Ise camiño é un paso importante porque di da miña historia persoal e di tamén da nosa historia común. É un relato que ten raíces na terra e transita pola diáspora, pola perda, polo rexeitamento, e está indo agora, como as castañas, cara o tenro, de regreso ao seu fogar. É por iso que non quero correxir os meus textos que nacen revelados nesta fala, non quero pechar o meu decir incorrecto nas razós da correcion da lingua, porque a casa da lingua non será fogar si non lle deixamos facer o camiño de regreso, si non lle deixo o espazo pra irse revelando en min. En nós.

Eu son, coma a miña fala, unha galega que non é, que pudo ser mais non quiso. 

Son, tamén, una catalana que non é. Que quiso, mais non pudo ser. 

A diáspora vai moito máis aló da xente que marchou porque os tempos sociais e os tempos da suxetividade son moito mais longos e moito mais amplios que unha soa das nosas vidas. Nesa diáspora extendida, as que xa nacimos fóra somos pasado mais futuro misturado nun presente en tensión, en conflito. Cada verán, ao final das vacaciós que pasábamos na terra, as miñas avoas choraban a partida das fillas cara aló, un aló que pra min era un eiqui. E durante anos, agora xa o entendo, a miña nai chorou a miña partida cara un aló, tamén, que era o meu eiqui. Chorou a migración da filla que ela criou cara a filla e eu son. Chorou, especialmente, duas perdas: que eu non fora a galega que ela queria, e que eu non fora a muller que ela esperaba. 


Habitar a bastardía

Non fun galega porque non puiden selo. Porque no mundo da pureza binaria que habitamos, eu era unha bastarda, iso que en Barcelona se dis unha xarnega. Era… e son unha bastarda. Non entendia entonces que a bastardez é unha forma de existencia, é unha posibilidade incómoda, dura, solitaria as veces, mais chea, repleta. Unha posibilidade exuberante. Precisaba de pertencer e creín que a pertenza era única e que tiña que ser pura. Así que tentei de catalanizarme como tentamos tantas de nós: ser a boa bastarda, que é a bastarda a quen non se lle nota, a que renega do que é. E a lingua, que qué culpa tirá a lingua, istaba no centro. E eu que son multilingüe, que aprendín todas as linguas dos meus fogares, pensei que tiña que escoller entre falar catalán ou falar galego. Entre o pasado e o futuro, entre as raices e a enramada. No meu entorno, todas decidimos en base a mesma lóxica. Outras decidiron galeguizarse e vivir na fantasía heredada da terra deixada atrás, coma eu vivín na fantasia da terra de chegada. 

Mais a pertenza non a decide só unha mesma. Precisas do entorno, precisas da aceptación. E, coma en todos os procesos migratorios, a sociedade de chegada esixe un pagamento. A pertenza nunca é gratuita pras bastardas. Hai un prezo que pagas de por vida, que nunca acaba. En cada momento de tensión nacional, en cada momento de exaltación da pertenza, sae a nosa débeda, sempre impagada. As bastardas somos sospeitosas de traición, somos sempre postas en dúbida. E temos que ser, sempre, mais papistas que o papa, porque o luxo de criticar a nación é un luxo que só se poden permeter as recoñecidas como nacionais. As de verdade. 

Esta situación que nomeo non é unha forma da catalanidade: é a forma da pertenza. En Galicia, agora mesmo, son a filla pródiga que retorna e que a nai lle fai unha festa. Ben sei que hai que cuidarse das universalidades e que cada momento e cada contexto é específico. Mais sei, tamén, que podemos aprender das experiencias dos demais. E eu coñezo ben a experiencia da diáspora marroquina e o regreso das fillas pródigas. Vin o que pasa aló despois da festa. Vin o desprezo da diáspora retornada cara as fillas que cuidaron a casa na sua ausencia, a falla de agradecimento cara a xente que coidou o fogar pra que podamos retornar, e vin a débida tambén impagada que se lles exige as retornadas, a esixencia de que non se lles note a bastardez, de que sexan, tamén en orixen, mais papistas que o papa. 


Pero a miña posibilidade exuberante de existencia deume a rabudez, que isa, xa volo digo, heredeina de Galicia. Isas mesmas débedas impagadas, en orixen e en chegada, reveláronme a misma certeza que trataban de impoñerme: que non son. Que nin podo, nin quero, nin me deixan. 

Que eu, en resumen, non vallo pra papista: so vallo pra bastarda. 


Non se nace marimacho: chegas a selo



  Coma moitas marimachos, na miña infancia e adolescencia o tema nunca foi con quen quería deitarme eu, sino quen era eu. Qué era eu. Dende que me lembro os pronomes que me nomean son oscilantes, vacilantes, dubidosos. No mellor dos casos, “neno, perdón, nena, perdón, neno, perdón”. Teño memoria de ser chamada lesbiana (no mellor dos casos) moito antes de coñecerlle o significado a palabra e moito antes da primeira consciencia de desexo. Teño lembranza da correccion de xénero dende que teño memoria. Fun, involuntariamente, una xarnega do xénero. Nena de mais pra ser neno, neno de mais pra ser nena. E do mismo modo que a palabra xarnega deume una posibilidade de existencia exuberante, a palabra marimacho tamén ma deu. As veces é mais doado ser o insulto que non ter nome, porque dende isa existencia social que che da o nome, aínda a inxuria, podes construir e construirte. Hoxe poderia nomearme de moitas maneiras: poderia dirme non binarie mais manterme na palabra maldita é unha decisión política. Non é un camiño único, pero é un camiño. E no caso das marimachos, temos una posibilidade excepcional, porque en nós cadran dous “defectos” de xénero: o defecto de ser muller e o defecto de ser unha muller “defectuosa”.



O queer que habita en nós


O queer como concepto quédame lonxe mais non así o bastardo, isa mistura de xeitos inconvenientes, improcedentes e incluso ilegais. A bastardez non é unha forma, non é un resultado: é unha imposibilidade feita posible que se escapa entre os dedos no momento mesmo de existir. A bastardez é isa incomodidade, ise desencaixo, é a tensión e o impulso que sentimos de saír de aló, de encaixarnos, de desaparecer, de disimularnos. Nese instante habita un coñecemento da pertenza que, como o traxe do rei espido, só se pode ver dende fóra, e só se pode ver si se mira. 

Non coñezo aínda Galicia, mais teño unha intuición feita pregunta que non pretendo responder dende a pregunta mesma. Pregúntome si existe unha bastardez no tránsito da aldea a cidade, no tránsito espacial pero tamén nos marcos de referencia, de formas de vida e de formas de pensarnos, de relacionarnos. Sei o que lle pasou a miña familia nise tránsito que foi tamén un tránsito de lingua e de formas de xénero, e pregúntome si existiu aló unha incomodidade, un desencaixo que non souvemos atender como posibilidade de existencia. E pregúntome canta da violencia que vivimos na casa estaba relacionada con ise desencaixo. E pregúntome si temos aló, aínda hoxe, información trascendente sobre cómo se fixo a construcción dunha modernidade que nos afogou, que nos violentou, que nos fixo mudar a formas que nin escollimos, que nos fixo resignificar o insulto porque a miseria era aínda a mellor posibilidade que tíñamos a man.


domingo, 27 de maio de 2018

Os tótems sempre teñen algo que explicar por Lorena Conde



OS TÓTEMS SEMPRE TEÑEN ALGO QUE EXPLICAR
Ou de como calquera excusa é boa para falar de si 

 
17 de maio. 
 
Entrevista na radio. O tema da conversa é a faceta de docente de María Victoria Moreno.
A locutora dá a benvida ao señor. Un tótem crepuscular que leva toda a vida no allo, sabe a biblia en verso sobre María Victoria Moreno e vai darlle altura á conversa. Á espera estou eu, asándome ao sol e tentando non facer moito barullo e que o vento non se coe polo micro do teléfono. Agardo, escoito e voume quentando. 
 
A locutora pregúntalle ao tótem pola circunstancia de ter sido un dos primeiros alumnos de María Victoria Moreno. O tótem di que si, que foi así, pero que el xa viña bastante ben aprendido da casa, que con 16 primaveras xa era un adulto porque “no medio campesiño” os tótems cúrtense antes de tempo e destacan sobre os seus compañeiros, qué lle van facer. No entanto, foi ela, a forasteira, a que fixo un moi meritorio esforzo de inserción aquí, no país, porque era “xenerosa e disposta”. Segue a debullar, a continuación durante moitos minutos a súa (a del, a do tótem, claro) extensa traxectoria que, puntualmente, se cruza coa de María Victoria: ela facilitoume lecturas, conversamos moitísimas horas e ela así empezou a aprender o galego, escribímonos cartas, fun á súa casa (e a do seu marido, ollo), escribiume un prólogo, colaborou comigo... 
 
Finalmente a locutora ve un oco e preséntame como outra das alumnas de María Victoria Moreno. Pregúntame como era María Victoria na aula e como era a relación co alumando. Respondo do xeito máis concreto que podo. A locutora pregunta se Anagnórise ten relación cos lazos que María Victoria estableceu cos seus cachorros e se esta obra ha de se ler dun xeito biográfico. Eu digo que a relación entre os protagonistas pode recordar á que ela establecía coa xente nova pero que son reacia a interpretar a ficción dende a biografía das autoras. O tótem inmediatamente intervén: “hai que ler toda a obra de María Victoria en clave biográfica ... A señora que conduce a Nicolau a Madrid é María Victoria Moreno Márquez” Toma! Penso eu. E véñenme á cabeza as horas e horas de teoría e crítica literaria da facultade nas que nos insistían naquilo de que a ficción é ficción e a vida é a vida (dicíannolo de xeito máis florido, si, pero a cousa viña a ser esa.) 
 
A esta altura eu xa roín un par de uñas e apreto o teléfono para non soltar o que se me vai pasando pola cabeza tal cal me vai pasando pola cabeza. É unha desas virtudes que se nos inculca ás mulleres, sempre nos preguntamos se non será mellor ser educadiñas que soltar catro cousas e pasar por histéricas. Pero non hai perigo, porque mentres eu enredaba coa terceira uña e con esa pregunta, o tótem xa está falando do estudo profundo que el e outros tótems fixeron sobre María Victoria Moreno, a súa vida, o seu desempeño docente, a interpretación da súa obra e non sei cantas cousas máis. E, por suposto, o importante deste compendio é que vén sendo “o estudo canónico máis académico” que existe sobre ela. Chimpún. 
 
E si, o tótem gaba o desempeño como docente e a literatura de María Victoria Moreno (ou iso parece) mais blablablablá non se sabe como, pasa de louvar esa “literatura con maiúsculas” a facer un reconto de momentos difíciles (e morbosos) da vida privada de María Victoria e relacionándoos coas súas obras. Dá bastante vergonza allea pero os tótems son así; eles poden escribir sobre cuestións delicadas sen que ninguén teña dereito a establecer relacións morbosas entre estas e a súa vida privada, pero as autoras sempre verquen no papel as súas miserias porque as mulleres, xa se sabe, somos así. 
 
Remata o tótem esta lección de teoría e crítica lamentando moito disentir da “alumna tardía de María Victoria” que, subliña, á fin e ao cabo coñeceu á autora na etapa final “máis plena aínda de sabiduría, de experiencia vital, etc, pero, pobriña, moi feble xa de saúde”. Unha época, di o tótem, na que mantivo menos relación con María Victoria Moreno porque lle daba “moitísima lástima” (sic) dela e afastouse. Pero, en agradecemento, agora faille esta análise da obra. Neste punto a min xa as cellas non se me poden xuntar máis co nacemento do cabelo. 
 
Entre estas consideracións e outras a locutora vai rematando. E a min acaba de caerme o peso todo da mala hostia e non me dá a gana de colgar sen dicir algunhas cousas que é de xustiza dicir, a saber: 
 
- que María Victoria Moreno foi unha muller decisiva na formación académica e, primordialmente, humana das súas alumnas, que a lembramos como unha muller forte, valente ata a fin e que nunca calou nada.
- que o legado que nos deixa é a reivindicación doutras mulleres, fundamentais na cultura galega mais invisibilizadas1.
- que, malia que neste ano somos moitas as persoas que lle quixemos a María Victoria Moreno que estamos de festa e ás que nos chaman os medios para falar dela, foi A Sega a que, coa celebración do seu II Día das Galegas nas Letras, rescatou a súa obra do esquecemento no que tan inxustamente comezaba a caer2. 
 
O tótem, aínda asentindo a todo isto e estar aparentemente de acordo, no entanto, non perde a ocasión de botar o tres para matar o as: en efecto, todo isto vén dun “entendemento do feminismo sui generis” de María Victoria que sempre se definiu irónicamente como un home de ben. 
 
E chascarraschás. 
 
Así a entrevista remata cun pensamento hiper-avanzado do tótem e comigo a menear a cabeza e matinar no ben que farían as autoras se se lles apareceran na cabeceira polas noites aos homenaxeadores crepusculares e lles fixeran ler eses sesudos estudos críticos ad infinitum. 

 
1- Por un sistema cultural galego feito, fundamentalmente, á imaxe e semellanza de todos os tótems crepusculares que foron, son e serán. Isto non tiven a axilidade de puntualizalo nese momento, pero parece importante deixalo dito.
2- E sería inxustísima se non mencionase aquí á editora Urco e a Andrea Jamardo como impulsoras incansables da edición e reedición da obra de María Victoria Moreno.

luns, 25 de abril de 2016

Carta à minha presidenta

Dilma Rousseff, aos 22 anos, na foto da ficha policial
Por Maria Fernanda Garbero


Niterói, 22 de abril de 2016


Querida Dilma,

há dias estou para te escrever esta carta. No entanto, o tempo passa e me atropela (não é à toa que a palavra tempo é masculina, né?!). Tenho acompanhado com tristeza tudo – ou quase tudo que consigo ter acesso – que vem te acontecendo e, amiga guerreira, ainda me impressiono dia após dia com a tua fibra, com a tua força, com a resistência de quem venceu dias de tortura e anos de injustiça sem se deixar quebrar. Será que você imagina o quanto é importante para nós, mulheres, querida? Imagino que suspeite, mas vou te contar o que você representa para mim. Sei que anda ocupadíssima e talvez nem tenha tempo de ler minha carta agora, mas preciso escrever nossa história que, se não chegar até você, ao menos dará forma ao que sinto e desejo às minhas companheiras, às minhas alunas da Baixada Fluminense, à minha irmã, bem mais nova do que eu, à minha enteada de 9 anos, às netas que um dia posso ter, às inúmeras Marias, anônimas, apagadas, silenciadas e violentadas que sonham com um país menos hostil às mulheres.

Dilma, lembra do que você fez naquela tarde de sábado do primeiro dia do ano de 2011? Pois é, você feriu o ouvido dos gramáticos, o olho dos machistas e a honra do patriarcado, subindo aquela rampa e se proclamando como a primeira Presidenta do Brasil. Tudo começou ali, né, amiga? Naquele dia, eu estava no interior da Argentina, então governada pela Cristina Kirchner, e me lembro do sabor diferente que havia nas minhas lágrimas ao te ver receber a faixa presidencial das mãos do Lula. Fazia um calor infernal na província de Córdoba, e eu dividia os dias daquelas férias entre o planejamento silencioso de minha separação, os cuidados integrais de um bebê com menos de 1 ano e as muitas angústias sobre a incerteza de estar fazendo a coisa certa. De toda essa divisão, só uma coisa não se interrompia: meu choro de desespero, de medo do que me esperava no retorno ao Brasil, à casa em Niterói, da qual eu iria embora 13 dias (olha a ironia do número) depois de sua posse, marcando um ponto final  numa relação de 5 anos e 10 meses, tempo similar ao que pode durar seu mandato se o golpe (outra palavra masculina, curiosamente) for mais potente que sua honestidade (feminina, aliás).

Assim como você, nasci em Minas, e foi para lá que fugi e comecei minha nova história. Eu podia. Era uma mulher de 29 anos que, mesmo abalada pelo egresso de um lar asfixiante e pelo exílio numa cidade ultraconservadora como a que nasci, tinha como maior figura de meu país uma mulher. Tinha você. E eu pude, assim como pôde minha mãe, também separada naquele momento, e puderam as diversas amigas e conhecidas que encontraram coragem para fazer sua própria rampa do planalto e governar sua vida. Hoje, somos muitas e estamos ao seu lado, não duvide disso, companheira.

Mas nosso poder não é como o teu. Você é dura, firme,  inquebrantável, e por isso não te perdoam, crime que só se equivale ao da fronteira que você ultrapassou sem visto. Desde aquele sábado, os caras da imigração estão no teu pé, querem a todo custo e mentira te deportar para o lar, te expatriar da vida pública, te desmoralizar, te apartar com a pecha da loucura, te diminuir pelas hipóteses de tua sexualidade (trunfo que deflagra o conservadorismo e o preconceito de teus oponentes). Até quem está do teu lado, possivelmente sem querer, caiu nas armadilhas desse controle. Lembra quando te chamaram de “Dilmãe”, tentando te transformar numa figura hifenada pelo tabu e pela sacralização do amor sem mesura? Pois é, olha que perversos fomos?! Eu não te quero como mãe, aliás, desde que a minha morreu, eu faço questão de matar simbolicamente as que ficaram. Eu te quero companheira, guerreira, guerrilheira, de arma em punho contra o machismo que me proíbe de decidir sobre meu próprio corpo, aquele mesmo machismo que também te fez calar sobre o aborto, pauta cara para todas nós. 

Escrevo e vejo que as lágrimas voltam. É triste viver num país que te odeia por ser mulher. É aterrorizante pensar que uma revista escolha, como parâmetro de comportamento feminino, uma moça 42 anos mais jovem que seu esposo, aquele traidor que é teu vice, a quem entreguei meu voto a contragosto ao votar duas vezes em você. Falo da Marcela, Dilma, vocês se conhecem? Imagino que pouco ou quase nada, afinal, você deve ser uma péssima influência para a esposa dele, sendo algo do gênero “Temer teme a Dilma”,  assim como são todas as mulheres que se insurgiram contra aquela palhaçada hedionda da dita revista que dizia “Bela, recata e do lar”, numa matéria claramente golpista, já apresentando ao povo brasileiro, idiotizado pela mídia (que você não teve força para enfrentar e democratizar), o projeto de futura primeira-dama.

O que está acontecendo com a gente, Dilma? Querem te tirar da presidência porque não suportam ver uma mulher no comando de um país. Tá na cara. A gente só pode estar ao lado, a dama do homem público, a moça estudada que prefere o lar e o cuidado com o filho. Eu não critico quem escolhe isso (será que é mesmo escolha?), porém, quero poder escolher um dia estar no seu lugar (sem golpe, claro!). Por isso eu não te quero mãe, eu te quero pública! E nem quero o Lula ao seu lado. Por mais que eu o admire, não quero que um homem seja teu braço direito; o que mais precisamos é que teus dois braços deem uma banana para essa misoginia que tanto nos deslegitima. Quero que teu braço esquerdo nos abrace, assim como queremos e precisamos que no teu abraço caibam as mulheres indígenas, há 516 anos diariamente violentadas, o corpo das Claudias arrastadas pelo Estado e o corpo castigado das mulheres sem terra que não desistiram de você.

Minha amiga, acho que ainda vale dizer que tive alguns momentos de tristeza com você, porém não vou falar deles aqui. Deixo para um dia que estejamos frente a frente, sem riscos de grampos ou interceptação de cartas. Tenho absoluta certeza de que sabe do que estou falando e se lembra de cada um, possivelmente, com amargura, pela impotência e pelos teus braços amarrados como naqueles dias de tortura. Eu preciso acreditar nisso, por favor. O que agora te escrevo não será de ressentimento, contudo, para escrever com a esperança, eu chamo aquela Dilma que se entregou à luta armada porque sabia que era possível fazer um país diferente. Eu preciso crer que foi assim, para te dizer muito obrigada, como também preciso sonhar que algo possa mudar, daqui pra frente, e te pedir, por todas as mulheres: fica, querida! E fique ao nosso lado, porque “sozinha eu ando bem, mas contigo ando melhor”.


Com carinho e partilha, Nanda.

----------
Maria Fernanda Garbero. Sou uma mineira nascida no Brasil ainda ditatorial de 1981. Criada num matriarcado desobediente, aprendi logo cedo que transgredir era o único caminho possível num país hostil às mulheres. Aos 18 anos, saí de casa, comecei meu curso de Letras e conheci minha amante fiel: a literatura, da qual não desgrudo e com a qual me protejo do que chamam, sarcasticamente, de vida real. Há 6 anos, sou mãe e professora de uma universidade federal na Baixada Fluminense, atividades e escolhas que, na mesma medida, me colocam na trincheira contra o patriarcado. Acredito na palavra e tenho fé na poesia. Atualmente, preparo meu livro sobre os 40 anos do movimento argentino Madres de Plaza de Mayo e estudo grego para retraduzir aqueles moços misóginos.

luns, 21 de xullo de 2014

O 8 de marzo como pornocaricatura da muller

Malika Gaudin Delrieu

Por Ánxela Lema París

Momento 1

Nesta última semana non deixei de me tropezar con multitute de carteis que anuncian o día da muller do tipo: desconto en sesións de beleza, carteis con imaxes de tacóns de fina agulla, maquillaxes…

A cuestión é que neste clima de performance do que é/representa/quérese facer que sexa ser muller unha repara na comicidade que supón a relación directa entre o martes de entroido que acaba de pasar e o chamamento a investir os nosos corpos dese modelo de muller.

Momento 2

No mesmo día en que vin estes anuncios escoitei na radio insinuar que malia que na España podemos falar de violencia machista non temos que nos alertar porque podemos dicir que contamos con moita mais información que moitos países da Europa e que, ademais, non contamos con índices tan altos de abusos sexuais. 

[Pausa]

Quero deixar claro que estaba a escoitar isto mentres estaba a almorzar, é dicir, estaba nese débil momento do día en que a unha aínda lle custa abrir os ollos e no que aínda non sabe moi ben a que mundo pertence. Foi exactamente nese momento no que, ademais, eu cría que era cedo para escoitar cousas que che revolvan o estómago.

[Volvo]

Que quere dicir isto exactamente? Que poder pode ter a (sobre)información neste momento central no que non paramos de ir para atrás? Se ben se considera que acumular información sobre certos aspectos é, sen dúbida, enriquecedor para o noso propio desenvolvemento e posterior evolución isto non deixa de ser, en certos aspectos, algo errado.

Entendo entón que as mulleres, xa que estamos informadísimas, non podemos facer saltar a alarma? Son consciente do papel central que moitos anuncios, campañas ou charlas de concienciación xogan en todo este proceso, é dicir, non poño en dúbida que certamente axudan ás mulleres a se decataren de que contan con medios cos que saíren das vidas en que alguén as decidiu afundir. Porén, tamén son consciente de que hoxe en día moi facilmente poñemos a man no lume por estes medios e decidimos pechamos os ollos. A verdade é que a sobrecomunicación descomunica e a obsesión e a necesidade compulsiva que sentimos cada día por termos toda a información do mundo nas nosas mans e poder acumulala, gravala, clasificala en formatos cada vez maiores non se traduce, en absoluto, nunha maior seguranza e capacidade crítica da sociedade en que vivimos. Non está isto claro en cada un dos xornais que podemos ler? Á vista están moitos dos acontecementos que nos rodean e que forman parte da nosa realidade, do noso facer actual e que deixan en evidencia que o problema non é a falta de información con que contamos as mulleres. O problema, xa que logo, está do outro lado e de como seleccionan e distorsionan a idea que de nós, as mulleres, se crea. 

Precisamente no momento en que contabamos con moita información semellamos querer volver ao punto de partida en que todo comezou e, unha vez chegado alí, facer que non nos coñecemos de nada, que non nos recoñecemos en ningún espello, e loitar por un novo collage de vinte pesos. É algo así como querer voltar e reescribir o noso eu e as diversas formas que tiñamos de nos facer ver para sumerxirnos nun mundo totalmente novo. Parecemos estar a loitar por formatear todo o que poida ter relación co NÓS co fin de reinventarnos a través dun copia e pega de imaxes simbólicas do que verdadeiramente deberiamos ser.

O interesante de analizarmos este tipo de anuncios que se dan con motivo do día da muller é que xera reflexións do tipo: e se eu non son o tipo de persoa que fai sesións de beleza non son feminina? son menos muller? entón que son? quen son? por que se estigmatiza tanto ese grupo dentro do que todo o mundo me di que me encontro? 

Momento 3

Ten algo que ver esta visión carnavalesca do sentido da muller co facto de que para o disfraz dunha mesma personaxe existan modelos para homes (que reproducen fielmente a personaxe que se quere imitar) e modelos para mulleres que resultan ser unha pornocaricatura dese elemento inicial? Será esa muller que apelan nos carteis do 8 de marzo unha pornocaricatura do que a muller realmente é en si mesma?

Momento 4

Neste ambiente performativo lembreime dunha micro obra de teatro á que asistín no mes de febreiro na Tuerka 27 (Coruña) e que levaba por título Pajas, obra de Ozkar Galán dirixida por Daniel Currás. O tema central da obra era a visita dunha funcionaria do Ministerio de Sanidade de España a un home mentres este se estaba a masturbar na súa casa co motivo dunha enquisa que o goberno estaba a pór en marcha. A finalidade que dito estudo perseguía era demostrar a relación directa que o goberno actual español supuña que debía existir entre a xente que non se manifesta e a que está da súa parte. É dicir, que a xente que non está na rúa berrrando e que, ademais, non vota ao PP só pode estar a se masturbar na casa.

Se ben moitas das reflexións que na obra se facían caían en tópicos que eu consideraba que xa se tiñan superados (a procura do sorriso fácil no público aludindo ao tamaño do pene do protagonista etc) a cuestión é que ao final elaborouse unha reflexión sobre o facto de como o privado, o noso, está cada vez máis en mans do público ou, máis ben, en mans do político, de forma que nin unha sequera se pode masturbar na casa a gusto. 

[Pausa]

Non semella máis críbel pensar que son precisamente as persoas do goberno español as que se están a masturbar na casa ao ver a excelente evolución da obra fantasmagórica que puxeron en marcha?

[Volto]

Nesta diferenza entre o público e o privado é que quizais pode resultar interesante reflexionar sobre esa imaxe da muller pública que tantos e tantas se atreven a facer. Nesa liña en que as persoas se atreven a dicir que é o que as mulleres precisamos, que é o que as mulleres debemos facer… pregúntome quen foi o director ou directora de orquestra que deseñou esa imaxe de muller e, a quen apela? Non haberá unha relación directa entre esa obra político-performativa actual e a imaxe social que da muller se quere construír? Nese chamamento a non nos queixar o que se nos está a dicir é que estamos mellor caladas porque xa hai xente a traballar no caso mais,… quen é quen realmente?

[Pausa]

Pregúntome, agora, que diferenza habería se a persoa que na obra se estaba a masturbar na obra pasase a ser unha muller ou, mellor aínda, se a revolución que tantas estamos a esperar como resposta ao circo político actual consistise nunha macromasturbación colectiva diante do Consello dos deputados?

[Volto]

Mestura inconexa final

E se o día 8 de marzo nos travestimos todas en muller?