Desde
a primeira páxina xa sabemos que Korede usará unha primeira persoa
para contarnos a historia da súa irmá Ayoola. Sen dúbidas nin
reviravoltas tamén coñecemos, desde o minuto un, cal é o tema da
novela.
En
capítulos moi curtiños, dúas ou tres páxinas como moito, Korede
narra como axuda á irmá a desfacerse do corpo do namorado que acaba
de matar e como este feito a leva a reconsiderar toda a realidade que
as rodea.
A
través desa primeira persoa que nos cativa, Korede achéganos a un
mosaico de personaxes nun Lagos que abeira un cambio xeracional: a
Nixeria máis urbana e tecnolóxica ao carón dos ámbitos máis
tradicionais. Os contrastes dunha Ayoola que é unha influencer,
mentres que súa nai e a
súa tía argallan casamentos á maneira tradicional.
- Vocês sabem como é, os homens são
muito volúveis. Deem-lhes o que eles querem e fazem tudo por vocês.
Mantenham o cabelo comprido e brilhante ou invistam em boas
extensões;
cozinhem para o vosso namorado e mandem-lhe comida para casa e para o
escritório. Afaguem-lhe o ego à frente dos amigos e tratem-nos bem,
por ele. Verguem-se aos pais dele e liguem-lhes nas datas
importantes. Façam estas coisa e, num instante, ele põe-vos
um anel no dedo.
A minha mãe assente
sabiamente.
- Ótimo conselho.
Claro que nenhuma de nós
está a prestar atenção. A Ayoola nunca precisou de ajuda no que
toca aos homens e eu não sou burra ao ponto de aceitar dicas de vida
de uma pessoa sem escrúpulos morais.(p.89)
A
oposición de dous mundos que conviven nesta novela e que Korede
conxuga e que, ao mesmo tempo, describen as personaxes e delimitan as
súas accións. Nunha narrativa non linear, acompañamos a
protagonista nestas reflexións, no traballo, na casa, coñecemos as
amizades e imos compoñendo, aos poucos, a imaxe completa do
quebracabezas como un todo sobre o que interrogarse.
O Tade raramente liga o ar condicionado e costuma ter a janela
aberta. Disse-me que gosta de ouvir Lagos enquanto trabalha: o
sem-fim de buzinadelas, os gritos dos vendedores ambulantes, os pneus
a chiar na estrada. Agora, é Lagos que o escuta. (páx.56)
Esta
personaxe do doutor Tade é a que vai expor unha ruptura moi
interesante nesa panorámica. Korede é a enfermeira-xefe no hospital
en que traballa o doutor. Este comeza a namorar con Ayoola e xusto
será este "conflito" o que nos ofrece unha reflexión
sobre a que xira toda a novela: a sororidade. Tade pretende
desacualificar a Korede e xerar unha desconfianza entre as irmás na
liña do amor romántico occidental. Para saber se o consegue ou non,
será preciso ler ata a última páxina. Aquí, só daremos unha
pincelada para abrir boca:
Sinto-me zonza. Não
quero confessar que deixei que ele se intrometesse entre nós as
duas, quando ela me escolheu claramente a mim em detrimento dele.(p.
219)
Si,
esta é unha novela que conta a historia dunha asasina en serie, pero
tamén que fala da familia, da relación entre irmás, da lealdade,
da sororidade, do cambio xeracional, do dano que provocan, ás veces,
as redes sociais, dos canones de beleza, dos abusos sexuais, das
violencias, ...
Dois pacotes de lenços de papel, uma garrafa de água de trinta
centilitros, um estojo de primeiros socorros, uma embalagem de
toalhitas, um porta-moedas, um tubo de creme das mãos,
uma embalagem de bálsamo para o cieiro, um telefone, um tampão, um
apito em caso de tentativa de violação.
Ou seja, o básico de
qualquer mulher. Organizo os artigos na minha carteira de pôr ao ombro e saio do quarto...
(p. 79)
A Minha Irmã é uma Serial Killer é
unha novela chea de contrastes na que a narradora, cun humor
sarcástico e incisivo, nos mostra un panel de personaxes femininas
moi potentes e nos insinúa como encaixar todas as pezas para,
quizais, comprender a orixe das violencias porque aínda que todo
está no texto, non sempre é a primeira lectura a que contén todas
as respostas. Polo menos non as que parecen máis obvias.
Oyinkan
Braithwaite, A Minha Irmã é uma Serial Killer,
Queztal, 2021