Buscar neste blog
luns, 13 de maio de 2024
María Reimóndez está lendo... The premonition de Banana Yoshimoto
Xa van alá moitos anos dende que lin a primeira obra de Yoshimoto accesible para min nalgunha lingua europea. O seu estilo ten sempre algo de inapreixable que me suscita interese. Esta "premonición", traducida por Asa Yoneda, parte tamén do misterio dunha protagonista incapaz de lembrar os primeiros anos da súa vida. Aínda que o "misterio" resulta no fondo pouco misterioso e a trama ten algún xiro delirante por momentos, Yoshimoto segue conseguindo crear universos que sempre investigan a confusión das relacións humanas.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)

Ningún comentario:
Publicar un comentario