Neste ano en que celebramos o inmenso labor de transmisión cultural e literaria das cantareiras,
tocadoras e pandereteiras, axunta no material de recolla a Escolma do cancioneiro tradicional galego de Elviña e Ferrol.
Por que non hei de cantar? ten como obxectivo dar a coñecer unha parte do cancioneiro tradicional e “homenaxear as mulleres que, durante séculos, souberon crear, conservar e espallar ese relevante patrimonio cultural”
Teño de prantar un pino
enriba do teu tellado;
cando o pino dea uvas
estarei ó teu mandado (páx. 50)
As composicións recollidas son auténticas xoias lingüísticas (esa perífrase de obriga ter de + infinitivo de Elviña, sem ir máis lonxe), de costumes, etc, pero tamén de lugares. Nesta liña acompaña o cancioneiro a recuperación da toponimia propia do campus universitario da Coruña no proxecto Campus Nomeado.
A memoria de quen somos e a nosa identidade está a ser fagocitada neste mundo contemporáneo e esta obra fainos repensar a importancia de nomearnos sen esquecer a quen estivo antes ca nós e o valor dos saberes que nos legaron a través das diferentes xeracións.

Ningún comentario:
Publicar un comentario