Acabo de ler a novela Y del cielo cayeron tres manzanas da escritora de orixe armenia Nariné Abgarián.
É a historia dunha aldea, Maran, perdida na montaña armenia e a vida das súas xentes: a fame, as guerras, as mortes. As persoas que quedan vanse facendo maiores e xa non teñen esperanzas. Anatolia a muller a quen acompañamos durante toda a novela deitase a morrer e a partir deste punto coñecemos a súa vida de maltrato, de solidariedade e de amor.
Libro sorpendente en que nos achegamos ás tradicións, costumes, alimentación e, en definitiva, á vida das persoas que habitan Maran.

Ningún comentario:
Publicar un comentario