Buscar neste blog

xoves, 17 de abril de 2025

Eli Ríos estivo lendo o fanzine Nativ@s

Nativ@s é un fanzine que recolle a produción dunha serie de artistas, de diferentes ámbitos, que crean un obxecto artístico fascinante.


Abre o volume Patricia Fernández(@lapintiparada), desde o Barco de Valdeorras, que procura recoller a esencia que se esconde detrás de cada trazo nos retratos. Para conseguilo, usa diferentes técnicas como o deseño dixital, o óleo ou o bolígrafo, como neste caso:




A seguir, Vanessa Blanco, desde a Limia, ( @compostellae_ _vanebg) transpórtanos coas fotografías ata un mundo de imaxes hipnóticas en que os significados se conxelan e deteñen o tempo. 






Ana de Vilatuxe, desde o Deza (@anadevilatuxe) recuperadora de 

palabras en vías de extinción, fabricadora de boinas e artista téxtil, 

toma o relevo e achéganos unha serie de creacións eclécticas en que 

cada técnica ten un valor destacado.








A continuación, desde a Terra Chá, Eva Teixeiro 


exerce de tecelá das palabras e fíaas coas imaxes 


do cotián para crear unha outra nova realidade.


A continuación, a compostelá Uxía Rodríguez(@pagan.lovesong) mestura historia, estilismo e música nunha colección retro, alternativa e contracultural baseada na reutilización dos materiais.

Por último, pecha este fanzine Laura, co proxecto Oisanat desde Euskadi, e incorpora o éuscaro a esta banda deseñada



É esta unha oportunidade única para achegarnos ás creacións das mulleres nun volume moi coidado, a toda cor e que non nos vai deixar indiferentes.


Ningún comentario:

Publicar un comentario