Buscar neste blog

martes, 6 de outubro de 2026

Beatriz Maceda estivo lendo... Los nombres de Florence Knapp

    

    Los nombres, é a primeira novela da autora británica, Florence Knapp. A historia parte dunha premisa, a de decidir o nome do seu segundo fillo  cando vai ao rexistro e, a partir desa decisión, narra tres vidas paralelas segundo a escolla dese nome. Cada capítulo, desenvolve unha posible vida cun salto temporal de sete anos. 

    A violencia intrafamiliar , o peso das decisións cotiás, a maternidade, as ausencias e a importancia do vivido na infancia, son os temas presentes na vida desta familia. A novela abre un abano de posibilidades desde o nacemento en función desa decisión inicial, o nome. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario