Buscar neste blog

xoves, 15 de outubro de 2026

A vida que queda prendida por Eli Ríos


.1

    Lali é unha moza de vinte anos que está a facer as prácticas de Maxisterio Infantil nun centro relixioso e reflexiona sobre como, coa escusa da educación, o sistema acaba coa creatividade da rapazada de catro e cinco anos. Nesta acomodación ás regras do capitalismo e do consumismo, a protagonista, vai descubrindo como os castigos por non levar os deberes, a obediencia a normas tendenciosas, etc, son especialmente inxustas en casos como o da Educación Infantil en que as crianzas son moi vulnerables, maleables e aínda non dominan nin tan sequera a autonomía persoal ou a lingua para expresar as súas emocións. Así, o negocio chega ao cotián da escola e a rapazada debe facer unha serie de fichas que teñen un valor non só educativo:

Asiento con gravedad. Sí, claro que lo entiendo. Es un negocio, qué digo negocio, es una especie de mafia lo que da lugar al círculo vicioso. La editorial te soborna para que eduques a los niños a a través de sus libros rancios y luego son los padres los que te exigen que los libros se usen al máximo porque quieren que el dinero haya cundido.

–Pero no te creas que esto es exclusivo de los centros religiosos, ¿eh? (...)

–¿En los colegios públicos también pasa?

–Sí, hija mía, las editoriales con las que trabajan los colegios públicos son casi siempre las mismas.

–¿Ah, sí? No tenía ni idea.

–Son casi todas. Mira, dime una.

–Yo tuve muchos libros de Anaya.

–Anaya es de La Salle.

–¿De La Salle? ¿Anaya?

–Sí, y Bruño también, son lo mismo.

–¿Y Santillana?

–De Santillana no estoy al día, ésa la montó Polanco y no trabajamos con ellos, van por otro lado.

–¿Polanco?

–Sí, pero aunque no colaboremos con Santillana no te creas que juegan diferente, ¿eh?

–¿Y SM?

–Ah, pues SM significa Santa María, a que no lo sabías?

–-¡No!

–Ea, pues ya lo sabes. Venga, dime otra, vas a ver.

–Edebé.

–Ediciones Don Bosco.

–Anda, en serio?

–Sí, es de los Salesianos.

–¿Y Edelvives?

–De los Maristas.

–Ah, vaya.

–Verás, esas editoriales principales llegan a todas partes, lo que pasa es que aquí se llegan a acuerdos más significativos y hay un beneficio mutuo, queda todo en casa.

–¿Significativos qué significa, económicos?

–Claro –me sostiene la mirada a través de los cristales oscuros con los ojos francos, bien abiertos, consciente de lo que está diciendo.2


    Os descubrimentos, no tránsito ao mundo adulto, están cheos de desilusións e de revelar que non todo é o que parece desde a infancia ou desde a adolescencia. De feito, Lali entra nestas prácticas de Maxisterio soñando con facer unha serie de actividades creativas e inspiradoras, pero a rutina, os poderes económicos e as doctrinas relixiosas vanlle mostrar un mundo de atrancos que deixa fóra a todas aquelas persoas que non son "rendibles". Ademais, continúan a poñer no centro do discurso a posición subordinada, e violentada, das mulleres (na porta do colexio teñen as imaxes de Santa Xusta e Santa Rufina que foron afogadas nun pozo situado no centro educativo) e, isto, a Lali, unha persoa que acredita nos dereitos humanos, acaba por causarlle moita dor.

La niña que ya no soy, que se me está muriendo dentro intoxicada por el contacto con el mundo que tantas ganas tenía de conocer.3

    Con todo... como é que a protagonista debe facer as prácticas coas monxas habendo outros centros laicos para escoller? Pois porque esquece facer as peticións das escolas. O prazo pasóuselle no medio dunha vida de coidados, de compaxinar os estudos coas clases, de vivir nas afóras e de ter que dispoñer de tempos para os desprazamentos, da explotación laboral e dos traballos que só permiten sobrevivir, da exclusión social e económica (non se ten en conta a saúde mental á hora de retirar unha bolsa de estudos, por exemplo) ou, entre moitas outras cousas, do corpo. Si, o corpo é un tema central e transversal nesta obra a través do que percibe todo o que acontece tanto no seu arredor como no seu interior. Así, a primeira e suxeito desta novela con estrutura de diario (durante tres meses entre 2006 e 2007) vai compartindo connosco as ilusións, o desamor, a esperanza, as dores, os praceres, os soños,etc, e usa un costumismo que pode chegar, incluso, a facer indixesta a lectura. De feito, hai unha serie de descricións escatolóxicas e detalladísimas realmente impactantes (ese momento do baño cheo de montañas de merda recollidas coas mans aínda me remexe o estómago).

    Entón, é, por acaso, esta unha recensión negativa dun libro que non debemos ler? Nooonnn! Todo o contrario! A forma de narrar é tal xenialidade que abriga todo o anterior!

     Na novela non hai unha trama fascinante e emocionante que nos manteña en tensión, non. É unha historia dunha moza de 20 anos que traballa no Telepizza e fai as prácticas nunha escola. E xusto aí está a grandeza desta historia: sabemos de que nos fala a protagonista, coñecemos as costuras desa sociedade e queremos acompañar a Lali nese tránsito ao mundo adulto. Compartimos ese malestar que nos causa saír da casa co cabelo sucio, como nos incomodan os días antes da regra, como lastima un herpes no beizo, como ese gran sempre vai saír no momento que menos o esperamos, como nos tranquiliza abrazarnos ao can ou o estado de alarma contínuo en que vivimos as mulleres.

"La tensión del espacio público nos mantiene alerta. Siempre vamos preparadas para defendernos"4

    O corpo. O corpo que sente e que precisa duns coidados. O corpo impactado por todo o que lle acontece (acné, regra, sexualidade, roupa, zapatos, comida, etc). O corpo co que vivimos 24 horas e que se relaciona con outros en diferentes procesos vitais. Ese corpo que recibe valoracións incluso desde idades moi temperás: "Buenas caderas para parir me decían ya a los diez años"5 e que poucas veces se pon no centro. E Elisa Victoria si o fai. Incluso vai un paso máis alá e dentro de toda esta dor corporal abre un espazo esencial para a sororidade entre as mulleres da historia, para o amor ( "... pero nadie podrá quitarme el inmenso regocijo de haber sentido el amor de este perro", páx. 45), para a rebeldía (ese final é marabilloso) e para a poesía que reviran definitivamente a narración (e a vida). E a sublevación vén, por tanto, da man dos pequenos actos diarios: unha das tarefas que Lali ten que desenvolver nas prácticas é aprenderlle á rapazada un fragmento poético e escolle conscientemente "El lagarto está llorando" de Lorca (é moi divertido como "escapa" da monxa titular para explicar quen asasinou o poeta) e tamén menciona, noutro momento, o poema "Pavane pour un enfant défunt", de Leopoldo María Panero como un refuxio adolescente co que conecta.

    Ademais de todo o anterior, a tenrura que enche cada liña con imaxes sorprendentemente bonitas ("me esponja el espíritu como un kilo de garbanzos en remojo", páx. 71) e o uso da linguaxe son un agasallo para a lectura. O ceceo do pequeno Alberto, os coloquialismos propios de Sevilla (cani, chaleco- como xersei-, chorla, chícharo, entacado, ...), a xíria ou todos os elementos propios da oralidade van describindo unha personaxe atravesada polo lugar en que vive, polos vinte anos, pola clase social, polo xénero, polos privilexios e tamén polas inxustizas, polo contexto social e por todo aquilo que forma parte da esencia de Lali. 


–¿Y qué habrá en casa de Macarena?

–¿De beber?

–Sí.

–Pues tendrá birra que habrá comprado para echar la tarde que es lo que le gusta a ella.

–¿Y la madre tendrá algo en el mueble-bar?

–A lo mejor pero mira, como no sabemos nos compramos un Granpomier o un Granpecher o un Tía María por el camino y santas pascuas, ¿tú tienes dinero en la tarjeta? Porque estamos a siete y yo en la mía tengo doscientos noventa y cuatro euros que lo miré ayer y desde entonces no he gastado.

–Oni.

–Y unos frutitos secos, ¿cómo lo ves?

–Espléndido.

–¿Es o no?

–Qué entusiasmo me ha entrado, el anuncio de Tía María me encantaba pero creo que la opción que me gusta más es el Granpomier.

–De sabor dices tú.

–Sí.

–Por la cara, es el más rico el Granpomier.

–-Pero no sé si inclinarme hacia el otro con tal de decir Granpeché, tú me entiendes.

–Yo te entiendo, es mucho peché el Granpeché. No sé, igual podemos seguir diciendo Granpeché aunque compremos Granpomié.

–Lo vamos viendo.6

   Lo vamos viendo. Ímola virando. Coa vida non queda outra, pero sempre podemos desconectar un par de horas e botarlle unha lectura a El evangelio de Elisa Victoria e empaparnos desa maneira de narrar tan fluída, tan directa e tan realista para acompañar a Lali nas reflexións sobre a hipocresía (" A la bandera de España le estoy cogiendo más miedo que al logotipo de Nike", páx. 273), sobre o desamor, sobre a empatía coas persoas traballadoras, sobre as crianzas,..., e ata sobre o futuro porque esta novela non remata na última páxina, non. Aí queda prendida, quilla, como a vida mesma.

                                                                            Elisa Victoria, El evangelio, Blackie Books, 2021

1Contracapa e páx. 253

2páx. 117-118

3páx. 295

4páx. 48

5páx. 36

6páx. 225

Ningún comentario:

Publicar un comentario