Primero llega el silencio da autora rumana Ioana Maria Stăncescu. Recoñezo o meu gusto polas autoras romanescas como Tatiana Tibuleac ou Cecilia Stefanesar. Desfruto coa súa narrativa realista, que vai directa ás emocións.
Nesta novela, Primero llega el silencio, a autora narra a vida de Dora e Flavia, a súa filla: "Yo y Flavia y el miedo. No tenemos hombres. Todos se han ido. Uno a uno nos hemos despojado de ellos como si fuera ropa de invierno en plena canícula. Nos hemos librado de ellos. Nosotras las mujeres de esta familia".
Non hai que deixarse enganar polo lirismo da narración, porque como lectoras entraremos no abismal das súas vidas.

Ningún comentario:
Publicar un comentario