Merquei este libro con poucas expectativas, con sentimentos encontrados entre a alerxia que me provoca ler "instant New York Times bestseller" e o interese de ser finalista do Women's Prize for Fiction. A historia que describía non era especialmente fascinante: unha moza branca estadounidense que na carreira comparte vida con dous mozos, Sam e Yash que, tras décadas, ela xa unha autora consagrada, casada e con fillos, recibe unha visita que reabre feridas do pasado.
Efectivamente, a historia non é moito máis do que promete, cunhas altas doses de drama (dese que encanta a algunhas contas de redes sociais que valoran os libros polo moito que es "destrozaron") que unha chega a valorar se é preciso. Porén, hai algo na escrita desta obra que fai que queiras avanzar, seguir nese mundo creado con diálogos áxiles e escenas vívidas das que, sen decatarte, te sentes parte.
E de aí que moitas veces na escrita a historia non sexa necesariamente o máis importante.

Ningún comentario:
Publicar un comentario