de mariamo a sara
o afecto é unha ciencia escura (67). na casa de pilar entramos sen chamar á porta
(67). non teño nada que ofrecerlle salvo a miña compañía (50). pilar dános indicacións
(50). recrea o camiño de memoria (50). dinos que bifurcación coller, que curva seguir e
que árbores deberiamos ver (50).
na aldea as casas posúen nome. a nosa é casa castelo polo tamaño. de volta [da festa
casamento ao día seguinte. come un pouco chocolate despois que está moi rico. de
fondo, un programa sobre verbenas na televisión mentres comentabamos o día. xa
estivera aquí o venres de semana santa na festa do bar da vila. só queda un. coñecín
a toda a xente da que vos falo esa noite. a aldea ten 4 habitantes. o número de
persoas ascende a 8 no verán coas 4 veraneantes. 5 comigo. a veciña do lado
dixérame que en canto me vira soubo que era coma a súa filla. unha ghipi desas,
vexetariana. de roupa frouxa. eu tamén son ap-novista, sara. imos voltar, non chores,
non imos lonxe (70). pero choramos as dúas (70).
cada día, ao acordar, agudizo o olfato e saco o nariz pola fiestra. o monte non ule a
fume. o eterno aínda.
o mundo con humanos. mundo con linguaxe. a lingua non pola novela mais pola
vontade comunitaria. a lingua e o territorio. é o noso sentido da ubicación (12).
oriéntanos no plano (12). ten a graza de facernos visibles (12). sorprenderse de que
fale e escriba noutra lingua. percorremos a paisaxe da que reinventamos a súa
toponimia (69). blanca cóntalle a manolo do coto que está a dar aulas de baile na vila.
que se debería de apuntar este inverno. que está ben para socializar e coñecer xente.
xa mirei como facías. usaches os localismos todos. ás veces, cun boas noites emana
un sorriso dende as gretas (27).
os camiños. julita: que desapareza o non transitado. blanca: querer vir limpar camiños
é de urbanita. os camiños do desexo son aqueles non trazados nos mapas mais feitos
polo feito de camiñar. o humano disólvese, miúdo, na presenza da vida absoluta e por
cada serpe partida en dous, o rato atopa un buraco na adega; por cada teixugo contra
o que as rodas dun coche arremete, a toupeira abre novos camiños cara á raigame do
cogombro (36). ninguén camiñou por aquí en décadas e introducimos o paso do tempo
con cada fento que esmagamos cos pés (37). o carreiro baixa e os sons da vida
humana desfigúranse (37). acábase a linguaxe (38). acábanse as metáforas en
presenza da vida (38). a mudanza do mundo sen discurso humano. deixar que o río
corra para non bañarse nel de novo (44). e, unha vez seco, por evaporación ou
absorción, calquera pode ver a marca e dicir aquí houbo algo (44). posibilitarlle ao
inanimado o suxeito. O privilexio do suxeito. dende a ventá, cada día vexo como a
silva camiña pola terra abandonada (44). a choiva ispe as pólas e limpa as verzas
(46). a vida podería seguir así (46). seguir e seguir (46).
cada día, con cada detalle, esfórzome por traela de volta á vida (31). a casa viva. a
unidade do rastro do sedentarismo humano. posibilitarlle ao inanimado o suxeito.
mirámonos de fronte entre as tebras (18). a casa e máis eu (18). mirámonos (18).
estame convidando a entrar nela (18). a vibración da memoria nas paredes da casa.
despréndome do que algunha vez supuxen que sería a miña vida e entro na casa que
promete confiarnos o alivio ao desacougo (18). os xestos dos que só hai rexistro no
corpo. encomendámonos á memoria dos nosos corpos, que reproducen uns pasos
aprendidos en tempos distantes (46). a leña seca que a bisavoa deixou preparada
para o inverno de hai corenta anos (46). penso que foi a casa a que conseguiu todo
por min (49). a casa como memoria. pechámolo todo para retelo na casa (66). os
encerados portátiles da avoa mestra coas razas todas escritas en xiz. repetimos a
historia de quen nos antecedeu (66). canto tempo reverberarán nas paredes (70)? o
seu renxer terá sempre o ton da miña voz (71).
a posibilidade doutro sitio no que o peso da inmensidade non me anule (60).
decatarme do soño oceánico no fondo deste monte ancestral. [a nostalxia climática]
nunha humidade que fede (48).
o ciclo. o mundo sen humanos. mundo sen linguaxe. xa non hai época nin tempo
senón o propio das árbores (11). todo o que está, nos mira e non podemos ver (37). o
meu gato: unha ponte entre dous mundos (37). [e] o ceo ameaza coa morte (50). o
terreo engóleme e engáname (50). non falo a súa lingua, non entendo a súa lóxica
(50). as ovellas imploran ver o ceo (55). a presenza da morte. matar galiñas para
comelas. o atropelo de comba. o prato con auga e o prato con cenouras para o coello
intactos. tres cisnes mortos coas ás estendidas (64). matáronche a cadela. entramos
coa morte na casa (65). vexo o monte (71). doulle as grazas na súa lingua (71). nun
mundo sen humanos non existe nin a ausencia nin o silencio nin a pausa.
e a paisaxe non di ren. fronte a paisaxe non ser quen de ser ren. a súa escuridade
deixou de ameazarnos cando a nomeamos (69). ser o monte.
polas noites, soño coa cidade (21). permitirse expresar a saudade.

Ningún comentario:
Publicar un comentario