Buscar neste blog

mércores, 7 de febreiro de 2024

María Reimóndez está lendo... The Gallery de Manju Kapur


Houbo unha época (van alá polo menos vinte anos) na que todo o que lía eran novelas coma esta. Volver á literatura angloindia è unha especie de regreso a un fogar estraño. Ten a familiaridade do cinema de Hollywood e a súa fascinación distante. A literatura da India escrita en inglés adoita comprender novelas ben escritas, que se len de marabilla, mais que adoitan reflectir personaxes do mesmo tipo e co mesmo tipo de tropos.

Tendo todo isto en conta, The Gallery foi unha lectura que me agradou moito. Discorre entre a vida de dúas mulleres e as súas fillas, tan próximas e tan distantes. Unha delas é a "Memsahib", a señora da casa, unha muller rica do norte da India atrapada por contradicións entre a súa idea de progreso e modernidade e a realidade diaria de convivir coa súa criada de orixe nepalí, a segunda protagonista. As dúas navegan cuestións de clase social, orixe, lingua, xénero dun xeito no que tamén se entrelaza a arte e a esperanza de que, malia as diferenzas, a exposición a ela pode abrir portas para outras xeracións.

Ningún comentario:

Publicar un comentario