Manchea é unha obra de teatro infantil que levou o XVI Premio Barriga Verde e trata a historia dunha princesa que non quere ser como se espera dela( " As princesas non berran, nin se enfadan. As princesas son xentís... e doces... e pacientes...", páx. 14), de príncipes vexetarianos e non violentos, de lobos non feroces, de raíñas rabudas e de reis malandros que xa non importan nos contos.
Esta peza de teatro de monicreques ten unha escrita moi dinámica, os diálogos en verso rimado e xoga coa participación do público tanto nunha posible representación como na recepción da lectura.
Se o público non se deixa amedrentar é de esperar que, tras ver as intencións d'O Rei, fagan o que lles pediu Princesa e lle digan ao monarca que esta dorme. Non queremos promover o engano entre a cativada, pero, neste caso, cremos que esta mentiriña está de sobra xustificada, ou non? (páx. 35)
Freire, A. (2025), Manchea, Baía Edicións, A Coruña.

