A narración vai da man de tres voces relacionadas coa protagonista Yeonghye (o home, o cuñado e a irmá), é dicir, nunca chegamos a coñecer a perspectiva directa dela(só cando emite sons ou pronuncia algunha oración) e todiña a novela xira sobre o que nos contan as persoas próximas. E isto é fundamental porque acabamos por converternos na cuarta voz que ten que reconstruír aquilo que sospeitamos.
Dun feito tan elemental e dunha decisión tan básica como deixar de comer carne desaba toda unha serie de consecuencias que arromban con todo como se dun desbordamento se tratase. Cae a represa e o machismo, o patriarcado, o estigma da saúde mental, a violencia ou a soidade anegan as páxinas.
A vexetariana cuestiona hábitos, costumes e a tradición. E o impacto non nos deixará indiferentes.

Ningún comentario:
Publicar un comentario