 |
| Segadoras felices e agradecidas |
Pasou o día, pasou a romería, pero non a celebración da vida e da obra de María Mariño, a Nosa Señora das Letras deste 2024.
Hoxe, o día despois, queremos agradecer a todas as persoas que fixestes e facedes posible que cada día sexa o Día das Galegas nas Letras.
Grazas a Teresa Villaverde, alcaldesa de Lousame, pola acollida nas Minas de San Finx, por cedernos espazos e materiais para que o 15 de agosto saíse todo ben.
A todas as persoas que vos achegastes a celebrar con nós por primeira vez ou por ter xa marcada a data no voso calendario.
A MJ Pérez, Inés Mirás, Patricia Arias, Carmen Blanco, Sesé Canitrot, Lucía Aldao, María Maronho, Cinta Adhesiva, Gael, Aurora Marco, Ana Romaní... (e todas as que quedan por subir ás redes, que iremos actualizando, xunto a esta entrada, para que cada día de verán sexa unha sorpresa para María Mariño e todas vós).
Grazas, por acompañarnos un ano máis.
Viva María Mariño! E vivan todas as Nosas Señoras das Letras! Porque sen elas moitas portas, ventás e mundos seguirían pechadas.
 |
| Visita de Teresa Villaverde, alcaldesa de Lousame |
 |
| Roteiro imaxinario (ou non) pola vida e obra de María Mariño |
 |
| As Nosas Señoras, sempre presentes |
 |
| Xantar |
 |
| A Nosa Señora dos Fanzines. Obradoiro |
 |
| Micro Aberto. Lemos a María Mariño |
Ningún comentario:
Publicar un comentario