Menos mal! Por fin!
Xa se nos facía raro!
Despois dun longo
ano de seca, POR FIN volveremos ter un Día das Letras Galegas
dedicado a un señor!
É unha cuestión de
xustiza obvia, non eran abondos os 53 (CINCUENTA E TRES) anteriores
fronte ás 4 mulleres. A quen se lle ocorrería pensar que dous anos
seguidos (SEGUIDOS!) sería comezar a deixar atrás a anécdota
irrisoria e iniciar un patrón de equidade. A quen se lle ocorrería
pensar que a Academia ten un papel responsable na invisibilización
das mulleres e polo tanto na creación do androcentrismo, do
patriarcado e da violencia simbólica? A quen se lle ocorrería mesmo
pensar que unha muller, poñamos por caso Xela Arias, puidese ter
mérito e valores para que se lle dedicase todo un ano de traballo
colectivo fronte a algún ilustre varón?
Porque, é evidente,
durante o ano dedicado a María Victoria Moreno, non houbo ningunha
mobilización social, non se deu a coñecer e valorar o traballo
dunha gran autora pero ademais grande educadora. Non se fixeron
intervencións na escola, nos centros galegos do estranxeiro, no
teatro, na música, na rúa. Non se activou o tecido social para
facer vibrar a cidadanía con valores que deben ser os de hoxe.
TAN RARO foi todo
que cómpre volver a antepoñer os valores dos varóns aos de crear
unha sociedade na que a metade da poboación teña algo que dicir; no
caso das letras galegas, ademais, dicilo nunha lingua na que se
estigmatiza as mulleres máis do que se estigmatiza os homes.
MENOS MAL!
POR FIN!
TAN RARO!

Ningún comentario:
Publicar un comentario