A escritora italiana Marta Lamalfa vainos acompañar nesta engalaxe literaria sen estrañezas. Xa desde a primeira páxina, na nota da autora, presenta os estudos antropolóxicos sobre o "centeio cornudo", "o pão negro" e o feito de que "a ilha viveu uma alucinação coletiva". Non hai sorpresa ningunha e, aínda así, as vivencias da familia protagonista e, sobre todo, das mulleres prende a nosa lectura de xeito cativador.
A escrita, inzada de imaxes sensitivas, abre unha porta á Historia das curandeiras1 e a das mulleres que non desexan seguir os camiños marcados pola tradición e polos homes da aldea. E é aí, nese instante, en que na nosa cabeza resoan as palabras con olores de ruda.
Barlavento e sotavento,
leva-me...
1curandeira:

Ningún comentario:
Publicar un comentario