Buscar neste blog

venres, 1 de marzo de 2024

María Reimóndez está lendo Yellowface de Rebecca F. Kuang


O punto de partida do relato de Kuang é a morte dunha autora asiático-estadounidense por accidente e do roubo por parte da súa "amiga" Juniper do manuscrito que ten enriba da mesa, que acaba publicando como propio. A novela é un delirio contado pola propia Juniper na que se fai unha acertada crítica ao racismo no mundo literario. Dende a voz da narradora branca, o discurso transfórmase en actos cada vez máis agraviantes. Para min esa parte é a máis interesante, esa presentación dunha voz narradora totalmente arrepiante na súa normalidade, nos seus delirios de grandeza e na falta total de consciencia do que é vivir nun corpo non branco. Se ben é certo que logo me pareceu que quedaba algo debilitada por outros aspectos (trama por veces un pouco collida polos pelos ou cousas que quedan sen resolver polo camiño) penso que é unha lectura importante para as persoas brancas, sobre todo para aquelas que nos movemos nos mundos da escrita, mesmo se nos nosos non hai contratos de seis cifras nin poxas polas nosas obras, claro está.

Ningún comentario:

Publicar un comentario