Tiven medo de bogar,
tiven medo de auga crara.
Anque fora cuns bos remos
anque fora na mar calma,
¡non bogaba!, ¡non bogaba!
O medo xa non sei del.
Xa secou aquel mar longo.
E sin saber donde veu,
si é doutro ou é meu,
navego nun mar de fondo.
-María Mariño
Vaia se voghaches!
Ti, muller forte
abriches camiño nas tormertas de alta mar
coséndolle as ondas con escuma
fío a fío, xuntando palabras
pasa o tempo nas puntadas.
Disque secáche-lo oucéano
pero sighe vivo, entre os ríos,
esa fonte, teu legado do que recibo sabiduría
poderíamos compartir apelido se cambiamos unha letra
e con orghullo levo o teu nome, María.
Ningún comentario:
Publicar un comentario